23 09 17 DE CÁRAVES A ARENAS DE CABRALES POR NAVA

 

PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Sierra de Juan Robre (Peñamellera Alta e Cabrales)

PUNTO DE PARTIDA: Na estrada AS – 114 (cruce a Cáraves)

ACCESO: O punto de partida está na estrada AS – 114  Arenas de Cabrales - Panes

HORARIO: 4/5 horas          DESNIVEL:  740 m de subidas /670 m de baixadas             

DISTANCIA: 11,5 km         DIFICULTADE: Baixa                    TIPO DE RUTA: Travesía

COTA MÍNIMA: Punto de partida (85 m)       COTA MÁXIMA: Collado Arniás (812 m)

MAPA: I.G.N. – 56 – I

SINOPSE: A serra de Juan Robre e un modesto cordal que se alínea entre os Picos de Europa e a Sierra del Cuera, separada dos primeiros polo Cares e do Cuera por un alto val que acolle a maioría das aldeas da Peñamellera Alta. Na vertente sur desta serra sitúase unha gran plataforma ocupada por numerosas cabanas, son as majadas de Nava.

            Nava é un dos lugares que aínda conservan e respectan as ancestrais leis dos pastos. Estas leis, de carácter local, eran necesarias nestas montañas cando a gandería era o único medio de supervivencia dos seus moitos habitantes. Hoxe a emigración xunto con outros medios de vida foron restando importancia a aquelas vellas normas de convivencia entre pastores.

            Durante o verán ningunha res pace nas majadas de Nava, limitándose o seu uso a época das labores de sega. O silencio é o dono absoluto da paisaxe, pero o 1 de novembro rompe a tranquilidade porque centos de chocas resoan polos prados. Todos os rabaños que pasaron o verán nos puertos altos, son conducidos ata Nava; alí pasarán o inverno e parte da primavera, ata o 1 de maio do ano seguinte en que de novo, deberán abandonar o lugar.

            A travesía a media pendente de case toda a serra, compleméntase coa visita a Nava. Pásase polo Collado de las Arniás, preto do Forcau del Cuernu, que con 974 m. e o cume máis alto do sector. Dende  Arniás poden verse os cumes máis altos do Macizo Central, asomando por riba de Portudera.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Como non pode subir o autobús á Cáraves, saímos desde a estrada AS – 114 , preto de Trescares, no cruce que sobe a dita poboación.

Temos que subir 2,5 km por estrada asfaltada ata o primeiro núcleo de poboación, Higares (300 m), onde, no remate do pobo, collemos un camiño ben marcado que parte en dirección oeste subindo cara a braña Pandiu (450).

            Logo dun pequeno descanso, seguimos unha prolongada subida que nos deposita no Collau la Jaya (650 m) seguindo sempre o camiño que discorre polos estribamentos do Forcau Cuernu, que nos queda á nosa dereita. 

            Agora o camiño é bastante máis sinxelo, acadando as praderías de Nava (670 m) por unha fermosa zona de pasto, con cabanas e cadras espalladas pola zona.

            Seguimos avanzando por chan con escasas sinais pero non teremos problema en orientarnos xa que temos que seguir en dirección oeste  para saír destas praderías entre a Concha de la Trema e o Cantu la Cabreriza.

            Estamos no Collado de Arniás (812 m), punto máis alto desta travesía dese o que temos moi boas vistas do Macizo Central de Picos de Europa, pola esquerda quédanos a estrada AS – 114 e o río Cares.

            Agora comeza a baixada, sempre cara ao oeste chegando así a fonte La Batua e máis adiante á fonte La Prida. O camiño agora é ancho é cómodo. Baixamos en amplos zigzags por unha ampla ladeira desde a que vemos o Cares moi abaixo.

            Logo de atravesar unha marcada bagoada, o camiño traza unha longa diagonal atravesando a escarpada ladeira. Ao achegarnos ao val, entramos nun pequeno bosque de aciñeiras que axiña dan paso a castiñeiros e avelairas. Logo a través dos prados acadamos Arenas de Cabrales.