23 08 28 FAJAS DEL MASCÚN DESDE RODELLAR

 

PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Serra de Guara - Rodellar (Huesca)

PUNTO DE PARTIDA: Rodellar (734 m)

ACCESO: Desde a A – 22 HuescaBarbastro, collemos a saída 77 para seguir pola A – 1229 en dirección a Abiego e Alquezar. Pasado Abiego, deixamos a estrada que vai a Alquezar para coller á esquerda pola A – 1227 ata Bierge. Aquí collemos á dereita pola HU – 341 sempre en dirección a Rodellar.

HORARIO: 7/8 horas          DESNIVEL: 1.337 m                 DISTANCIA: 19, 2 km

DIFICULTADE: Media       TIPO DE RUTA: Circular              MAPA: I.G.N. – 249 – I

COTA MÍNIMA: Rodellar (734 m)           COTA MÁXIMA: Corrales Letosa (1.184 m)

SINOPSE: A Serra de Guara posúe a concentración de barrancos máis grande  de Europa. Un dos máis coñecidos é o barranco de Mascún, que atrae miles de barranquistas e escaladores.

            Hai que dicir que algúns sectores desta camiñada non son aptos para persoas que padezan vertixen dada a verticalidade do camiño e tampouco é aconsellable con vento ou choiva.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Comezamos a camiñada no aparcadoiro situado á entrada de Rodellar (734 m) collendo un antigo camiño á dereita en dirección ChetoPozo de NieveBaqueste. Logo dun quilómetro de andaina chegamos as ruínas de Cheto, que cruzamos cara á esquerda seguindo as indicacións de Pozo de NieveVirgen del Castillo.

            Pasamos xunto a outro cruce onde seguimos de fronte, cara ao Pozo de Nieve, é máis adiante deixamos á esquerda o ramal que vai á Virgen del Castillo, onde tamén seguimos de fronte.

            Camiñamos en dirección norte ata subir a un miradoiro natural onde podemos contemplar o barranco é ao fondo a Peña Picarda; se miramos cara atrás veremos Cheto e tamén Rodellar.

            Así chegamos a un cruce de carreiros onde pola dereita sae o camiño cara ao Pozo de Nieve e Bagueste. Xiramos á esquerda en dirección a Letosa, para baixar uns metros polo pedreiro e internarnos no bosque.

            O camiño está moi ben marcado e non hai perigo de extravío. Vamos camiñando polo alto do barranco ata un novo cruce con desvío a Santa Marina pero nós seguimos as indicacións a Letosa, chegando así aos currais de Letosa.

            Seguimos o camiño que nos amosa neste tramo outra perfecta vista do barranco e da Faja del Mascún superior que vai cara a Otín, pola que pasaremos máis adiante.

            Logo de camiñar por riba do barranco, chegamos a un cruce onde pola dereita sae o camiño a Letosa. Xiramos á esquerda para baixar pola ladeira en dirección ao Saltador de las Lañas, de fronte temos a Faja Raisín pola que teremos que pasar máis tarde.

            O sitio é impresionante, logo duns zigzags entramos na primeira faixa para baixar por ela ata o Saltador de las Lañas; unha fermosa fervenza pero seca neste día.

            Logo dun merecido descanso, comezamos a subir polas paredes opostas, entrando así na Faja de Raisín. Este é o tramo máis espectacular do percorrido onde teremos que por atención nalgúns pasos aéreos onde un tropezón podería ser fatal.

            Pasamos á Faja del Mascún pola que seguimos subindo ata o alto onde temos un miradoiro natural desde o que vemos un tramo moi grande do camiño que levamos andado. Agora vemos no fondo do seguinte val a aldea abandonada de Otín pola que pasamos máis adiante.

            Seguimos baixando pola esquerda e aparecen as sinais con dirección a Rodellar, que debemos seguir sempre. Chegamos ao leito seco do río que cruzamos varias veces para chegar á cova da Surgencia de Mascún. Un pouco máis adiante, camiñamos pegados á parede da dereita onde existe unha vía ferrata e paredes para a escalada.

            Pasado este tramo, o camiño xira á esquerda e sobe facendo varias voltas a Rodellar, onde damos por rematada esta impresionante e fermosa camiñada.