11 07 16 Camiño da Mesa (Teverga , Somiedo) Asturias

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELÁN

 

(Porto de San Lorenzo – Peña Michu – Saliencia)

 

SITUACIÓN: Teverga e Somiedo (Asturias) 

PUNTO DE PARTIDA: Porto de San Lorenzo (1.348 m) 

ACCESO:            En Cornellanacollemos a estrada de Cangas de Narcea ata Puente San Martín e aquí en dirección ao Puerto de Somiedo. En La Riera desviámonos cara a o Puerto de San Lorenzo onde comezamos a rota.                       

HORARIO: 5/ 6 horas                                   DESNIVEL:320 m de subida / 560 m de baixada                             

DISTANCIA:            19 km            (Opción fácil 14 km)              DIFICULTADE: Media ou Baixa                                      

TIPO DE RUTAS: Travesías                                            MAPAS:I.G.N. – 76 – II – 77 – I 

SINOPSE: Esta ruta segue o trazo dunha antiga calzada romana que comunicaba a través do Cordal de la Mesa terras da Meseta con Asturias. Hoxe, no tramo do camiño que imos facer, solo quedan os restos dalgunhas brañas vaqueiras cos seus teitos de xesta ou laxe.

 

DESCRICIÓN DA RUTA:Saímos do Puerto de San Lorenzo (1.349 m) subindo por cómoda pista en dirección sur, nunha hora chegamos a braña de Piedra Xueves (1.560 m) onde existía unha venta. A partir de aquí o camiño segue sempre en dirección sur leste para achegarnos ao cimbro de Xuego la Bola (1.623 m). Este é o lugar ideal para acometer a subida a Peña Michu (1.765 m), que nos queda á dereita do camiño e un pouco mais adiante temos a braña de La Corra onde faremos un pequeno descanso.

            Pasamos as ladeiras de Peña Michu pola liña de cumes cruzando Sedernia chegando ao chamado Alto del Cuerno (1.642 m). Logo entre unha paraxe de bidueiros con fonte preta, consérvase parte da calzada romana. Afrontamos agora unha subida pola ladeira de Peña Negra en dirección a paraxe Vallina del Mosquito dende a que continuamos ata as proximidades do Alto de la Cuguruza. Comezamos a baixar suavemente pola vertente esquerda do val de Saliencia en terras somedanas rexeitando os sendeiros que saen tanto á esquerda como á dereita.

            Así chegamos ao Puerto de la Magdalena (1.550 m), á esquerda quédanos o val do mesmo nome polo que faremos unha parada para admirar este paraxe. Neste lugar sitúase a divisoria entre as terras de Teverga e Somiedo. Tamén dende este lugar temos a oportunidade de baixar directamente a Saliencia, aforrando uns 5 km de camiñada.

            Camiñamos agora polas ladeiras de Alto Cumales onde o camiño prosigue pola liña de cumes. Vamos deixando detrás as terras teverganas para entrar nas somedanas. Agora en baixada con piornos grandes ao noso lado o camiño segue polo val de Arroxo para chegar a braña de La Mesa (1.660 m), que pertence aos veciños de Saliencia.

Aquí debemos coller un sendeiro á dereita que baixa preto do regato para, a través da Foz de Los Arroxos, encaixada entre a pena Ferrera e o alto dos Cumales, baixar  por terreo de uso restrinxido, aínda que o percorrido aquí, está permitido.

            O camiño descende entre piornos e breixos para de seguida cruzar a estreitura da foz, que nos ofrece a fervenza do Pontón. Despois metémonos no bosque Rebollal poboado de faias e carballos, onde o camiño zigzaguea ata a pista de Saliencia. Cando chegamos ao chan, amplíase o carreiro en cuxo remate atopamos a pista asfaltada que sobe ao alto da Farrapona.

            Unha vez en dita pista, temos que seguila, durante un quilómetro, ata Saliencia (1.120 m).