23 04 09 RUTA DE EL VENTANÓN

 

PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN MAPA PARA IMPRIMIR

 

 

SITUACIÓN: Merindad de Sotoscueva (Burgos)

PUNTO DE PARTIDA: Alto de La Concha (765 m)

ACCESO: Desde a estrada BU – 526 que une a N – 232 con a N - 629

HORARIO: 3/4 horas                                       DESNIVEL: 280 m                      DISTANCIA: 11 km

DIFICULTADE: Baixa                                       TIPO DE RUTA: Circular

COTA MÍNIMA: Alto de la Concha (765 m)     COTA MÁXIMA: (992 m)

MAPAS: I.G.N. – 84 – III – IV

SINOPSE: O Ventanón é un arco natural enorme formado no cortado calizo doutra das conchas que conforman o Monumento Natural Ojo Guareña. Ten 30 m de ancho e 20 de altura. Ruta curta e ben sinalizada con pouca dureza e fácil andar.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: A camiñada parte da parte alta da ermida de San Bernábé, Alto das Conchas seguindo as indicacións PRC – BU – 32, un camiño de terra e rocha caliza entre aciñeiras e rebolos.

            logo de percorrer uns 400 metros chegamos a unha zona chan onde aparece o desvío cara ao miradoiro do Pico del Cuerno, seguindo o carreiro PRC – BU – 35

            Este miradoiro está situado a 200 metros do camiño , chegando a el en pouco tempo. Este miradoiro natural situado a 848 m de altura de paredes verticais, amósanos o val de Sotoscueva, rodeado dos Montes del Somo e a serra Morteros, ademais, mirando á dereita aparece tamén o Alto de la Escampada.

            De volta no camiño principal, seguimos pola Senda El Ventanón, tendo que cruzar, máis adiante, uns arames polo paso habilitado para peóns. Seguimos a camiñada mirando de vez en cando cara atrás a paisaxe espectacular do Monumento Natural de Ojo Guareña.

            De fronte destacan as impresionantes paredes da Sierra de Dulla, especialmente o Collado de la Brecha ou Puente de Dulla, franqueado polos picos Dulla e El Paño.

            Un pouco máis adiante temos un desvío á dereita que indica El Ventanón, que se atopa a uns trescentos metros de distancia.

            De volta no camiño principal, seguimos a ruta que nos leva á localidade de Villamartín de Sotoscueva, aldea fermosa e ben coidada, que merece unha visita.

            Para saír deste lugar temos que estar pendentes das marcas, cruzamos xunto ao bar e tamén a boleira e por unha calexa á esquerda saímos do lugar. Cruzamos unha cancela e seguimos pola dereita. Pouco a pouco subimos de novo, esta vez entre carballos, ata que chegamos á pista principal, pola que volvemos ao comezo da ruta.