23 12 16 VILLANUEVA - SERANDI - LA REBOLLADA - PEDROVEYA
PUNTO DE SAÍDA | TRAZADO DA RUTA | GALERÍA DE FOTOS | PDF CASTELÁN | MAPA PARA IMPRIMIR |
SITUACIÓN: Santo Adriano, Proaza e Quirós (Asturias)
PUNTO DE PARTIDA: Área recreativa de Buyera (165 m)
ACCESO: Dende a autoestrada Oviedo – La Espina, desviarse cara a Trubia e alí coller a AS – 228.
HORARIO: 4 h DESNIVEL: 760 m DISTANCIA: 10 km
DIFICULTADE: Media TIPO DE RUTA: Travesía
COTA MÍNIMA: Área recreativa de Buyera (165 m)
COTA MÁXIMA: Collado de la Canal Seca (925 m)
MAPA: I.G.N. 52 – II
SINOPSE: Los Valles del Oso é una zona do centro de Asturias conformada polos concellos de Proaza, Quirós, Santo Adriando e Teverga que entre os seus vales, ríos e montañas cobiza unha das últimas poboacións de oso pardo de España.
DESCRICIÓN DA RUTA: Comezamos a andaina na área recreativa de Buyera para coller o camiño cara ao cercado dos osos. Nada máis rematar o cercado temos unha sinal á man esquerda que nos indica Picarós – Canal Seca.
A primeira, a Canal de Picarós levaranos atravesando unha pequena garganta seguindo o rego ata á aldea de Serandi, con hórreos e casas ben coidadas, pasando ao lado da igrexa de San Antoño, lugar onde conectamos con o camiño que sobe á zona de La Habana.
A ruta continua subindo de forma cómoda por un camiño que vai en dirección norte, atravesando os prados desta zona. Logo de deixar atrás unha cancela, collemos un carreiro que xira á dereita cara as praderías de La Navariega. Desde este lugar as vistas cara a Serra de Caranga on espectaculares.
O camiño segue subindo con cómoda pendente para empoleirarnos no cimbro da Canal Seca onde se nos abre unha vista incrible da Serra do Aramo.
Comezamos a baixada por pendente pronunciada ata a pista que vemos de fronte onde collemos á esquerda e logo dunha forte baixada chegamos a La Rebollada.
Desde aquí temos unha pista asfaltada que nos vai levar ata a ermida de San Antonio e a Pedroveya