23 11 18 FERRADILLO
PUNTO DE SAÍDA | TRAZADO DA RUTA | GALERÍA DE FOTOS | PDF CASTELÁN | MAPA PARA IMPRIMIR |
SITUACIÓN: Priaranza del Bierzo (León)
PUNTO DE PARTIDA: Castelo de Cornatel (794 m)
ACCESO: Dende a A – 6 coller a saída de Carrecedelo seguindo pola N – VI ata seguir pola N – 536 en dirección ao Barco, logo coller a saída a Villavieja seguindo por ela ata o aparcadoiro do castelo.
HORARIO: 5/6 horas DESNIVEL: 550 m DISTANCIA: 13,5 km
DIFICULTADE: Media TIPO DE RUTA: Circular
COTA MÍNIMA: Villavieja (770 m) COTA MÁXIMA: Ferradillo (1.250 m)
MAPAS: I.G.N. – 191 – I - II
SINOPSE: As Penas de Ferradillo son unha referencia visual dos Montes Aquilianos e do sur do Bierzo. Xusto debaixo delas atópase Ferradillo que vai resucitando do abandono con varias casas rehabilitadas. Unha peculiar forma de gañarse a vida neste pobo, xa que as condicións eran moi duras, eran os pozos de neve. Nestes depósitos de almacenaxe de neve, recollíase dos neveiros da Quiana ou o Morredero se prensaba, ata que tiña unha consistencia dura e se empacaba entre fentos ou palla. Posteriormente transportábase en cortes ou carros ás poboacións do Bierzo Baixo e a Ponferrada. A asociación “Amigos de Ferradillo” tenta levantar as ruínas do antigo pobo de Ferradillo. Actualmente estanse restaurando case todas as construcións. Ao longo de todo o ano sucédense diversas romarías que teñen o seu punto de encontro en Ferradillo. A beleza da súa contorna, os montes Aquilanos, convertérono nunha parada obrigada en numerosos roteiros de sendeirismo que os afeccionados ao sendeirismo foron demarcando pero que aínda non teñen un recoñecemento legal. En agosto celébranse á festas en honra a San Bartolo.
Ademais podemos visitar o castelo de Cornatel, unha das mellores atalaias de toda a rexión.
DESCRICIÓN DA RUTA: Esta camiñada comeza no aparcadoiro do castelo de Cornatel, camiñando uns cincuenta metros pola pista asfaltada que vai a Villavieja onde collemos o primeiro desvío á man dereita. Este é o antigo camiño da aldea que nos vai levar á parte baixa do lugar onde existe un aparcadoiro, punto máis baixo do percorrido (770 m).
Desde a explanada sae un carreiro que segue o leito do rego de Ferradillo pola súa marxe hidrográfica dereita. Vamos subindo polo agosto val entre frondosa vexetación onde a paisaxe limítase ao son do río e o espeso bosque de ribeira con moitos castiñeiros.
Logo, ao ir gañando altura, o bosque vai transformándose convertido agora en carballos, avelaira, aciñeiras e algunha cerdeira. Comezamos a ver as Peñas de Ferradillo. Preto do remate do val, cruzamos o río e rematamos a subida na aldea de Ferradillo (1.250 m) logo de camiñar uns cinco quilómetros e medio.
Ferradillo está situado ao pé das penas que levan o seu nome, practicamente abandonado aínda que, parece que algún veciño se resiste a deixalo.
Logo da obrigada parada nesta aldea, continuamos a camiñada pola cumieira en dirección norte, camiño dos prados de Los Llanos. Pasamos á altura do Reconco (1.241 m) con vertixe xeodésico, para o que teremos que desviarnos un pouco nunha camiñada de ida e volta. Agora comeza a baixada amosándonos vistas do castelo de Cornatel e do lago de Carucedo pasando xunta a unha canteira. Teremos que prestar atención porque neste tramo existen moitos cruces de camiños.
Máis adiante, podemos desviarnos uns metros para ver unhas pequenas covas onde hai que baixar con coidado polas pedras. Xa estamos preto de Villavieja desde a que volvermos ao castelo, ben polo camiño que baixamos ou ben pola pista asfaltada.