23 10 21 RUTA DE LA CERVATINA

 

PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN MAPA PARA IMPRIMIR

 

 

SITUACIÓN: Puebla de Lillo (León)

PUNTO DE PARTIDA: Puebla de Lillo (1.105 m)

ACCESO: Desde Asturias pola autoestrada A – 66, en Ujo coller a AS – 112 que vai ao porto de San Isidro. Logo desde o porto séguese pola LE – 331 que pasa por Puebla de Lillo

HORARIO: 5/6 horas                     DESNIVEL:  785 m             DISTANCIA: 17,3 km

DIFICULTADE: Media                   TIPO DE RUTA: Circular

COTA MÍNIMA: Puebla de Lillo (1.105 m)

COTA MÁXIMA: Pico Mahón (1.815 m)

MAPAS: I.G.N. – 79 – IV – 104 – II

SINOPSE: Os arredores da localidade leonesa de Puebla de Lillo está cubertos de frondosos faiais e algún que outro piñeiro singular. As posibilidades de excursións por esta zona son inagotables. De entre todas, esta ruta ten un premio extra, a visita a unha das teixoeiras máis importantes da Cordilleira Cantábrica.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Comezamos a ruta na rúa El Valle (1.140 m) camiñando cara á base do Susarón. O primeiro que atopamos é o monte de La Yanca bordeando o regato Patina. Unha vez subimos os tres primeiros quilómetros temos unha bifurcación onde, poderemos, pola dereita, acurtar a ruta. Seguimos pola esquerda, pola ruta larga, subindo pola pista de terra en dirección á pradería de Vega Ternillo,  onde xa vemos as primeiras faias.

            Pouco a pouco imos internándonos neste grande faial e de seguida chegamos á Collada Solano (1.440 m) onde podemos ver, á nosa dereita, unha boa panorámica da Peña de la Solana.

            Logo de camiñar os primeiros catro quilómetros e medio, xa comezamos a baixar, cruzando o regato Ruidoso (1.420 m) pouco despois do miradoiro natural Canto del Oso, dende o que podemos gozar da Peña de la Osa e un quilómetro despois do Crestón Calizo.

            Seguimos camiñando ata atopar outra bifurcación (1.380 m) que nos informa da Tejeda de La Cervatina, onde poderemos ver grandes exemplares de teixos protexidos por valados.

            Logo da visita á Tejeda de La Cervatina, seguimos subindo polo camiño que nos leva ao Collado Ferreras (1.504 m). Neste lugar, vemos uns arames polo que camiñamos xunto a eles comezando unha dura subida que non da tregua en ningún momento ata acadar o cume despois de superar un desnivel de 300 m.

            Así chegamos a un primeiro cume onde facemos unha parada para contemplar os moitos cumes que temos en todas direccións e aló no fondo o encoro de Porma.

            Camiñamos uns metros ata o verdadeiro cume do pico Mahón desde o que parte un carreiro que baixa directo ao Collado Tolibia (1.744 m.) lugar no cal, xiramos á dereita para coller o carreiro que nos levará  á parte alta duns prados que podemos ver desde a  nosa posición.

            O carreiro ben marcado lévanos á parte alta dos prados polos que baixamos case ata o seu remate. Aquí xiramos á esquerda para internarnos nun frondoso faial polo que baixamos en forte pendente e sen trazas de carreiro ata chegar ao fondo onde temos o rego Rebueno o cal temos que cruzar varias veces ata acadar a pista que baixa cara á área recreativa de Pegaruas.

            Logo duns trescentos metros despois da área recreativa, temos á dereita un paso entre postes de madeira que cruzamos para baixar cara á ponte de madeira que vemos no rego. Cruzamos por esta ponte para subir un pequeno tramo por carreiro ben marcado que de seguida perde a pendente para seguir en chan ata un cruce de camiños.

            Neste cruce parte un carreiro á esquerda que vai a unha pequena lagoa, o de enfronte segue polos Callejos e nós collemos o que baixa pola dereita que nos leva ata a canle do río Celorno.

            Este tramo é un dos máis fermosos do percorrido, camiñando xunto ao río entre faias e carballos. Máis adiante, o camiño transfórmase en pista que totalmente en chan lévanos a Puebla de Lillo.