23 09 17 ALLES - CARREÑA

 

PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN MAPA PARA IMPRIMIR

 

 

SITUACIÓN: Peñamellera Alta e Cabrales (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Alles (280 m)

ACCESO: Desde AS – 114 en Niserias, coller a AS -  345.

HORARIO: 4/5 horas          DESNIVÉIS: 515 m de subidas / 425 m de baixadas

DISTANCIA: 16 km             DIFICULTADE: Media                   TIPO DE RUTA: Travesía

COTA MÍNIMA: Río Sedo (100 m)          COTA MÁXIMA: Collau Pandellamas (520 m)

MAPA: I.G.N. – 56 – I

SINOPSE: A segunda etapa do Camiño Natural comeza ne Alles, capital de Peñamellera Alta, situada aos pés da Serra do Cuera, seguindo en dirección oeste pola cara sur deste macizo montañoso para rematar en Carreña, no concello de Cabrales.             Nas aforas de Alles, atópanse os restos da igrexa de San Pedro de Plecín, construída sobre outra igrexa pre románica onde se atoparon, debaixo dela, restos dunha necrópoles medieval. Esta igrexa mantívose en pé ata o século XVIII baixo o amparo da familia Mier e foi convertida en cemiterio ao inaugurarse a veciña igrexa de San Pedro.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Comeza a camiñada no centro de Alles para axiña comezar unha forte baixada cara ao val do río Janu, afluente do Cares, por un carreiro entre aciñeiras, carballos, castiñeiros e avelaneiras.

            Neste tramo debemos prestar atención as sinais, e logo de cruzar o río Sedo o carreiro sae á pista asfaltada seguindo en lixeira subida por ela, paralela ao río Janu ata a braña de Jana onde a pista segue de fronte, deixando á dereita que vai en dirección a Ruenes.

            Cruzamos o río Rumor desviándonos á esquerda por unha pista de terra e mais tarde tamén cruzamos o río Janu como poidamos pois non hai ponte para facelo. Un pouco máis tarde volvemos a cruzar o río, pero esta vez si que temos unha ponte de pedra comezando a subir ata Rozagás.

            O camiño segue subindo pola estrada AS – 345 ata unha braña situada na divisoria entre os concellos de Peñamellera Alta e Cabrales. Neste punto, a estrada baixa en lixeira pendente ata Arangas, atravesando este núcleo rural.

            A saída desta poboación, deixamos a estrada para coller á dereita un camiño entre prados e pequenos bosques de castiñeiros e carballos. Nesta parte, o camiño sobe con bastante pendente tendo que poñer atención as sinais de dirección, xa que o trazo desvíase á esquerda e, pouco antes de chegar a unhas cabanas, xira novamente á esquerda, baixando con forte pendente ao lado dun muro de pedra, cara á unión de dous regatos.

            Unha vez pasados estes regatos, o camiño continua ladeira arriba con forte pendente rodeando un prado delimitado con parede de pedra e castiñeiros. Desde este lugar podemos ver fermosa panorámicas da serra de Pañalba e os Picos de Europa, con o inconfundible Picu Urriellu.

            A subida remata no Collau de Pandejana, onde comeza a pista, de formigón nalgún tramo, pola que baixamos ata Carreña.