23 08 27 VILLANÚA - REF. DE ESPATA - REF. LA TRAPA - VILLANÚA

 

PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN MAPA PARA IMPRIMIR

 

 

SITUACIÓN: Villanúa (Huesca)

PUNTO DE PARTIDA: Villanúa (950 m)

ACCESO: Villanúa está na estrada N – 330 Jaca - Somport

HORARIO: 4/5 horas                     DESNIVEL: 825 m             DISTANCIA: 13,8 km

DIFICULTADE: Media                   TIPO DE RUTA: Circular

COTA MÍNIMA: Villanúa (950 m) COTA MÁXIMA: Ref. de La Trapa (1.750 m)

MAPA: Valle de Canfranc – Alpina 1:25.000

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Comezamos a camiñar nada máis cruzar a ponte, en dirección norte, á Cova das Gixas. Axiña atopamos a saída do carreiro á dereita, deixando o camiño da cova á esquerda.

            Logo dunha suave subida, seguimos pola pista que vai á Trapa camiñando por ela uns trescentos metros para volver a coller o carreiro. Logo de atravesar varios desvíos, pasamos xunto ao dolmen de Letranz continuando polo carreiro ata atoparnos de novo con a pista pola que camiñamos uns catrocentos metros ata unha curva á dereita onde collemos pola esquerda o camiño de Azus, perfectamente indicado cun cartel correspondente ao SL – HU – 1.1.

            A pista gaña altura rapidamente e en pouco tempo cruzamos o barranco de Azus onde remata a pista para converterse nun carreiro. O camiño está perfectamente sinalizado don sinais de pintura tendo fortes pendentes ata a cota de 1.700 m onde o desnivel se suaviza entrando o carreiro nunha zona de herba aparecendo de seguida o refuxio de La Trapa (1.720 m).

            Desde o refuxio sae unha pista de moi cómodo camiñar que nun percorrido de tres quilómetros achegaranos ao refuxio de Espata, cunha mesa de merendas ao lado onde temos un indicador a VillanúaFuente del Paco que temos que coller.

            O carreiro, ben marcado con pintura verde e marela, é fácil de seguir. Baixamos paralelos ao barranco de Araguás para chegar á Fuente del Paco onde podemos parar a beber e refrescarnos. Xa queda menos de media hora para chegar de novo a Villanúa.