23 08 28 BORREGUIL DE LA CUCA
PUNTO DE SAÍDA | TRAZADO DA RUTA | GALERÍA DE FOTOS | PDF CASTELÁN | MAPA PARA IMPRIMIR |
SITUACIÓN: Canfranc (Huesca)
PUNTO DE PARTIDA: Aparcadoiro de Canfranc Estación (1.190 m)
ACCESO: Canfranc está situado na estrada N – 330 (Jaca – Somport)
HORARIO: 5/6 horas DESNIVEL: 890 m DISTANCIA: 15 km
DIFICULTADE: Media TIPO DE RUTA: Circular
COTA MÍNIMA: Punto de comezo (1.190 m)
COTA MÁXIMA: Borreguil de la Cuca (2.080 m)
MAPA: Valle de Canfranc – Alpina 1:25:000
DESCRICIÓN DA RUTA: Saímos do aparcadoiro para cruzar a estrada principal é coller a rúa chamada "Paseo de los Ayerbe".
Aparece unha forte pendente e logo de xirar á esquerda atopamos un cartel que marca o comezo do “Camino del Corzo”. Este carreiro levaranos en cómoda subida ata o camiño principal de Estiviellas. Unha vez chegado a este cruce, collemos a bifurcación á nosa dereita.
Durante a subida, temos dous cruces que saen á nosa esquerda que van a diferentes miradoiros, que si queremos visitar temos que volver sempre ao camiño principal. O camiño segue comodamente ata saír do bosque, onde continúa por unha zona con algunha pedra ata chegar, logo dunhas cantas curvas máis á Cola de Caballo.
Seguimos subindo por cómodo camiño que nun quilómetro nos levará á Olla de Estiviellas. Xusto ao chegar a este sitio atopamos un cruce á nosa dereita que nos indica Collado de Estiviellas, polo que seguimos subindo.
Pasados preto de dous quilómetros desde o último cruce, vemos nunha curva á esquerda un cartel que indica Pico del Águila cara á dereita. Non facemos caso desta indicación e seguimos subindo pola esquerda enlazando curva tras curva ata chegar a ver todo o circo da Garganta de Borau, Aspe e a zona de Tortiellas.
Xusto, aos saír ao cimbro xiramos á dereita para ir pola crista camiño do Borreguil de la Cuca. Nos últimos trinta metros teremos que usar as mans para subir, pero sen ningún paso complicado.
A volta temos que facela seguindo o mesmo percorrido da subida ata chegar ao cruce da Olla de Estiviellas. Agora collemos á dereita, baixando pola zona de Secras, facendo así a ruta circular. Agora solo temos que prestar atención na primeira bifurcación, nada máis pasar o barranco de Estiviellas, onde colleremos á esquerda.
Neste lugar, pola dereita sae un camiño en zigzag que vai á Fuente del Centenario á que podemos subir logo dun quilómetro de andaina, volvendo de novo ata o cruce anterio.
Polo cómodo camiño, baixamos douscentos metros chegando ao antigo viveiro de Secras e seguimos este camiño que nos levará ao Camino de Ayerbes onde agora, collemos á dereita para desandar esta parte do camiño ata o albergue.
ESTA RUTA NON SE REALIZOU POLO MAL TEMPO, NO SEU LUGAR FÍXOSE A FAJA DE MASCÚN DESDE RODELLAR