22 08 12 REFUXIO DE BELAGUA A ISABA POLO CAMIÑO REAL
PUNTO DE SAÍDA | TRAZADO DA RUTA | GALERÍA DE FOTOS | PDF CASTELÁN | MAPA PARA IMPRIMIR |
SITUACIÓN: Isaba (Navarra)
PUNTO DE PARTIDA: Refuxio de Belagua Ángel Olorón (1.420 m)
ACCESO: Pola estrada NA – 1370
HORARIO: 5/6 horas DESNIVEL: 350 m de subidas / 800 m de baixadas
DISTANCIA: 19 km DIFICULTADE: Media TIPO DE RUTA: Travesía
COTA MÍNIMA: Isaba (850 m) COTA MÁXIMA: Refuxio de Belagua (1.420 m)
MAPA: Valles de Belagua y Roncal de Alpina 1:25.000
SINOPSE: Este fermoso camiño vai dende o refuxio de Belagua ata Isaba polo fondo do val de Belagua internándose en fermosos bosques e atravesando antigas pontes.
DESCRICIÓN DA RUTA: Esta camiñada parte do aparcamento do refuxio de Belagua polo Llano de Eskilzarra onde collemos o carreiro que vai cara ao Paso de Zemeto. Aquí collemos á dereita en dirección ao miradoiro de Zemeto, tramo que facemos de ida e volta. Una vez de volta, o carreiro fai varias voltas para baixar á estrada NA – 13 70.
Seguimos por dita estrada, en baixada, ata que cruzamos o río Belagua por unha ponte, saíndo un pouco despois á esquerda cara ao aparcamento de Mata de Haya. Camiñamos polo aparcamento ata o seu remate onde collemos á dereita un sendeiro sinalizado que vai á Borda La Dronda e un pouco máis adiante seguimos as marcas do Camiño Real.
O camiño apártase do río para bordear o curuto de Asolatze e pasa xunto ao cámping do mesmo nome onde as sinais indican que vaiamos cara á estrada. Temos que camiñar uns metros pola beirarrúa esquerda e despois, no dereito, temos un carreiro que nos aparta un pouco do tráfico rodado.
Pouco despois dun quilómetro cruzamos a estrada para internarnos nun espectacular carreiro de ribeira do río Belagua, que gaña altura. Pasamos xunto ao Horno de Tejería e seguimos para cruzar a estrada que vai a Zuriza.
Pola beira do río chegamos á Cueva del Ibón, onde nace auga en época de choiva, cruzando de seguida a antiga ponte de Otsindundua e logo á primeira e fermosa ponte romana. Preto temos a segunda ponte, camiñando agora pola beirarrúa da estrada durante un quilómetro logo do cal, desviámonos á dereita.
Este novo sendeiro apártase do río logo de pasar a ponte de La Molina subindo para enlazar con o Camiño dos Contrabandistas e pola aserradeiro saímos á estrada que vai a Uztárroz, para finalmente chegar por un camiño empedrado a Isaba.