22 09 17 CAMIÑO NATURAL DO RÍO BARBANTIÑO
PUNTO DE SAÍDA | TRAZADO DA RUTA | GALERÍA DE FOTOS | PDF CASTELÁN | MAPA PARA IMPRIMIR |
SITUACIÓN: Maside, Amoeiro e Punxín (Ourense)
PUNTO DE PARTIDA: O Bañiño (110 m)
ACCESO: O punto de partida está en Punxín na N - 541
HORARIO: 4/5 horas DESNIVEL: 280 m DISTANCIA: 13 km
DIFICULTADE: Baixa TIPO DE RUTA: Ida e volta - circular
COTA MÍNIMA: O Bañiño (110 m) COTA MÁXIMA: Cruce túnel en San Fiz ( 350 m)
MAPA: I.G.N. – 187 – IV
SINOPSE: O río Barbantiño, corre ao noroeste da provincia de Ourense, sendo o protagonista deste circuíto duns quince quilómetros, se incluímos os ramais. O camiño percorre un entorno natural de grande beleza, onde hai pequenas pontes e pasarelas e onde, a presenza dos vellos muíños lémbrannos da importancia dos ríos galegos para a economía local.
DESCRICIÓN DA RUTA: Esta andaina comeza no lugar de O Bañiño (110 m) pertencente ao concello de Punxín onde, recentemente, inaugurouse unha zona termal.
O camiño sae pola marxe dereita do río pasando xunto á Ponte do Val, pola que teremos que pasar á volta. De seguida atravesamos o Rego do Faro e o muíño de Pazos de Abaixo, totalmente en ruínas. O camiño segue sen cambiar de marxe onde atopamos outro muíño, este restaurado, e logo unha ponte metálica que cruza o río.
Seguimos con o río á nosa dereita que deixamos para cruzar o lugar de O Viñao, desde o que temos boas vistas do viaduto da autoestrada. Posúe unha fonte e unha casa con escudo fronte da mesma fonte.
Na saída de O Viñao camiñamos uns metros por estrada asfaltada ata unha curva onde, deixamos o asfalto para seguir de fronte para cruzar o rego Piñeiro por unha ponte de madeira. Logo cruzamos por debaixo da autoestrada onde o camiño segue pola parroquia de Parada (Amoeiro) onde se localiza unha piscifactoría abandonada e unha central hidroeléctrica.
Segundo imos avanzando, vamos atopando un conxunto de muíños abandonados agora invadidos pola vexetación. Pouco antes do quilómetro 4, o camiño principal abandona o río e sobe pola ladeira ata a área recreativa de A Casanova desde a que temos boas vistas da Fervenza do Cachón. Esta nova pista pasa polo Pozo do Inferno, bosque autóctono en terreo moi escarpado.
Cruzamos outra autoestrada para atopar a presa do Barbantiño, que alimenta a central hidroeléctrica que vimos antes. Pasada a presa, temos unha subida para salvar o túnel do tren (350 m) deixando á nosa esquerda o Camiño Real a San Fiz, lugar ao que podemos achegarnos para visitar a ermida de San Pedro e un hórreo do século XIX. Facemos agora a baixada para cruzar o río Barbantiño pola ponte de San Fiz e cruzar de novo as vías do tren, esta vez por debaixo a través dun pasadizo. Aparece a auga remansada da presa, onde o camiño continua a carón da presa onde podemos ver unha escala para os peixes.
O camiño sobe polo Monte da Pena e cruza de novo por debaixo da autoestrada achegándose de novo ao río xunto ao Muíño das Penas onde existe un miradoiro que vai á parte alta da Fervenza de Cachón. O camiño segue pola marxe esquerda do río pero, a dez metros de altura ata a central hidroeléctrica. Un pouco máis abaixo, podemos ver de novo os restos da piscifactoría. Pasada a autoestrada temos a ponte que vai a Viaño, pero seguimos de fronte, para cruzar o río Formigueiro e chegar á área recreativa de Pazos de Abaixo.
Seguimos o camiño ata a Ponte do Val pola que cruzamos para chegar ao punto de inicio deste percorrido.