22 08 12 CAMIÑO DE ARDIBIDEGAINEA OU DOS CONTRABANDISTAS
PUNTO DE SAÍDA | TRAZADO DA RUTA | GALERÍA DE FOTOS | PDF CASTELÁN | MAPA PARA IMPRIMIR |
SITUACIÓN: Isaba (Navarra)
PUNTO DE PARTIDA: Cabaña de Yeguaceros (1.380 m)
ACCESO: Desde a estrada A – 21 coller a saída a Lumbier pola NA – 150 e logo a NA – 178 en dirección a Isaba – Valle de Belagua – Roncal.
HORARIO: 5/6 horas DESNIVÉIS: 560 m de subida / 1.250 m de baixada
DISTANCIA: 17 km DIFICULTADE: Media TIPO DE RUTA: Travesía
COTA MÍNIMA: Isaba (790 m) COTA MÁXIMA: Collado Larrondoa (1.625 m)
SINOPSE: A ruta Ardibideganea, é un dos camiños de maior tradición na vertente norte do Valle de Belagua – Roncal, utilizado durante anos como vía de comunicación con Francia polas mulleres que ían traballar á fábrica de alpargatas de Iparralde, ou como camiño de contrabandistas.
Cabe destacar que parte deste itinerario é a zona natural do oso Camille e tamén que preto do paso dos contrabandistas consérvanse trincheiras da guerra civil.
DESCRICIÓN DA RUTA: Saímos desde a cabana de Yeguaceros, situada por riba do cuartel, na por o carreiro que sae á esquerda da estrada, xunto ao cartel indicador da ruta Ardibideganea, seguindo as marcas do GR – 12 polo que seguiremos ata o outeiro de Arrakogoiti (1.416 m) onde existe un monumento as alpargateiras, tendo á dereita o val francés. Nesta bifurcación o GR – 12 segue pola dereita tendo que seguir nós polo PR da esquerda, o Camiño dos Contrabandistas.
Vamos deixando á nosa dereita as penas de Lakartxela e alcanzamos o paso de Lapatia (1.534 m), onde hai un cartel que o indica, tendo enfronte o monte Larrondo. Pouco a pouco imos introducíndonos no faial ata alcanzar outro cruce con saída ao val de Mintxate, val que discorre paralelo ao de Belagua, tendo boas vistas do pico Ori, Anie ou a Mesa de los Tres Reyes.
Logo de pasar varios cruces, chegamos a Belabarze comezando, pouco despois, unha empinada subida que nos vai introducindo no bosque. Unha vez pasada a primeira rampla, a subida vai suavizándose ata chegar ao curioso paso dos contrabandistas onde comeza a baixada que nos deixará en Isaba.
Comezamos a pronunciada baixada que pouco a pouco vaise suavizando, tendo coidado nos desvíos, e seguindo sempre as marcas amarelas e brancas. En Isaba entramos á altura do serradoiro e por estrada ata o cartel informador da ruta.