22 04 14 SENDA DAS FRAGAS E LEVADAS DOR RÍOS CALVO E DEVA

 

PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN MAPAR PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: A Cañiza (Pontevedra)

PUNTO DE PARTIDA: Aparcadoiro ermida da Pena de Francia (400 m)

ACCESO: Desde a autoestrada A – 52, saír cara á Cañiza pola N – 120 ata o centro da localidade. Logo séguese pola PO – 5002 ata o aparcadoiro da ermida da Pena de Francia.

HORARIO: 4/5 horas                      DESNIVEL: 600 m              DISTANCIA: 14 km

DIFICULTADE: Media                   TIPO DE RUTA: Circular

COTA MÍNIMA: As Tesoureiras (160 m)

COTA MÁXIMA: Remate do Camiño da Raíña (500 m)

MAPA: I.G.N. – 224 – IV -

SINOPSE: Esta ruta circular, moi ben marcada, recibe un nome diferente en cada tramo, en función da súa historia pasada e así atoparemos o Camiño da Raíña, Camiño da Fenteira, Camiño Real, ...

            A través deste itinerario entraremos nas espesas Fragas de Calvo e Deva, no Sobreiral de Parada e aldeas rurais con antigos muíños.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Comezamos esta camiñada no aparcadoiro da ermida da Pena de Francia (400 m) para seguir,unha pista paralela á estrada. Axiña chegamos ao  muíño de Arendo onde xiramos á dereita para coller o Camiño da Raíña, chamado así porque é o mesmo que utilizou a raíña Dona Urraca para viaxar desde terras de Castela ata o Mosteiro da Franqueira polas terras da súa propiedade. Dona Urraca non foi a única que camiñou por aquí, este sendeiro histórico foi transitado na idade media por carros e arrieiros porque era unha vía comercial desde os portos marítimos ao interior. Incluso a comezos do século XX tamén se usaba para baixar os ataúdes desde as aldeas altas ata o cemiterio, por iso tamén se coñece como o Camiño dos Defuntos.

            O camiño vai subindo ata a cota dos cincocentos metros onde vai desaparece a arborada deixando paso ao matueiro ofrecendo boas vistas de Galicia e Portugal.

            Logo deste tramo de escasa vexetación, preto da autoestrada, metémonos de repente nun pequeno bosque as beiras do rego de Porto de Bois. Agora camiñamos internados no bosque caducifolio que baixa cara ao río Calvo, estreitándose o carreiro ao mesmo tempo. Son as Fragas de Calvo as que fan este bosque máxico de fentos, mofos e ambiente húmido.

            O río Calvo en forte baixada escavou un umbro e angosto val polo que se aproveitou a súa enerxía para varios muíños. A ruta transcorre pola Levada Vella, logo polo Camiño da Fenteira e de seguido pola Levada Nova.

            Rematamos as Fragas do Calvo tendo á continuación un tramo de transición antes de penetrar na Fraga do Deva. Casas con hortas, viñedos,  piñeirais e algo de asfalto cando atravesamos a aldea de A Igrexa. Asfalto que deixamos ao pasar o Pazo Conde de Cervellón. O camiño desemboca de novo no asfalto logo de  percorrer un pequeno bosque.

            O seguinte tramo chámase Camiño Real, ao pasar pola aldea de Tesoureiras, e seguimos alternando bosques é aldeas ata que accedemos á Fraga do Deva logo de sobordar o restaurante Cruceiro da Balsada.

            O río Deva flúe máis pausado que o Calvo porque non hai abas que o fagan correr aínda que, as veces aparece algunha fervenza como a Fervenza do Deva e máis arriba o río si que se acelera.

            Varios muíños como o de Sampaio ou o de Entre as Viñas lémbranos doutros tempos, onde se unen a través da Levada de Sanpaio por onde circulaba a auga para mover estes muíños.

            Cruzamos o río pola ponte de Vilavide, a fraga do Deva quedou atrás cando acadamos a aldea de Poldras, que  mira á Serra do Xurés. As aldeas seguintes son as de Caldas e A Ibia, superada esta última baixamos de novo ao río no lugar onde se sitúa o Muíño de Ibia, onde cruzamos o río por unhas rochas, sendo imposible en tempada de choivas. Neste caso seguiríamos a estrada ata enlazar con o camiño.

            Pasamos xunto á central de Cabo entrando de seguida no Sobreiral de Parada, formado por algúns exemplares centenarios que medran buscando a luz. Camiñamos superando unha boa pendente na que atravesamos o río Oulo e logo de varios zigzags chegamos ao muíño de Arendo desde o cal volvemos ao lugar de inicio polo mesmo camiño.