22 03 19 RUTA DO CASTRO DE DOADE
PUNTO DE SAÍDA | TRAZADO DA RUTA | GALERÍA DE FOTOS | PDF CASTELÁN | MAPA PARA IMPRIMIR |
SITUACIÓN: Codesedo – Lalín (Pontevedra)
PUNTO DE PARTIDA: Casa do Patrón (510 m)
ACCESO: Desde Lalín seguir a PO-534 ata a rotonda de acceso á estación de ferrocarril. Continuar en dirección á área recreativa de Mouriscade e seguir as indicacións cara ao museo etnográfico Casa do Patrón.
HORARIO: 4/5 horas DESNIVEL: 350 m DISTANCIA: 16 km
DIFICULTADE: Baixa TIPO DE RUTA: Circular
COTA MÍNIMA: Carballo de Souto Longo (450 m)
COTA MÁXIMA: Monte de Arriba entre Vilanova e Santomé (565 m)
MAPA: I.G.N. – 154 – I
SINOPSE: A camiñada discorre a ambas marxes do río Asneiro e o seu afluente o Lebozán. Temos un desvío ao castro de Doade camiñando por zona principalmente agraria atopando camiños medievais, pontellas e muíños, destacando o de Froiz. Tamén destaca a igrexa romana de San Xoán de Vilanova. Os bosques de ribeira achegan frescura xunto ao río Asneiro, destacando grandes castiñeiros e carballos, sendo o de Soutolongo catalogado como á árbore con máis copa de Galicia.
DESCRICIÓN DA RUTA: A camiñada sae da Casa do Patrón en dirección sur onde, aos poucos metros temos o forno de Riazón, que deixamos á nosa dereita. O camiño sobe cara ao castro nun tramo de ida e volta pasando xunto á mámoa do Agro do Castro e chega ao castro de Doade situado a 550 m de altitude.
De volta no cruce que collemos para subir ao castro, o camiño cruza a pista para internarse na vexetación pola zona de Pía da Cal, tendo un pouco máis adiante a Fonte da Costa que nos queda á nosa esquerda. Máis adiante cruzamos o río Asneiro por unha ponte e a autoestrada camiñando polo bosque ata o muíño de Froiz que visitamos nun pequeno tramo de ida e volta.
O camiño continua para cruzar de novo o río por unha pequena ponte cruzando de novo a autoestrada e a vía do tren por unha ponte. O camiño segue polo medio do bosque tendo que cruzar de novo a vía por outra ponte e máis adiante, volvemos a cruzar as vías, esta vez por debaixo das mesmas.
Comezamos a subir para chegar a igrexa de San Xoán e máis adiante a Vilanova, seguindo a subida ata acadar o punto máis alto deste percorrido (565 m), onde comeza a baixada cara a Santomé, lugar que cruzamos para máis adiante, de novo, cruzar a vía por paso soterrado.
Temos outra ponte que cruza o río e despois un desvío que nos leva ata un muíño e o Carballo Monumental de Souto Longo. Volvemos on nosos pasos para seguir en dirección a Carracedo e pouco despois xiramos á esquerda para comezar un tramo xunto ao río Asneiro e á área de descanso de Mouriscade onde se atopa un muíño.
No seguinte tramo temos outro muíño e a aldea de Os Muíños xa moi preto do punto de partida.