20 04 12 COVA PALOMERA

 

PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Merindade de Sotoscueva (Burgos)

PUNTO DE PARTIDA: Alto de La Concha (825 m). Desde o aparcamento do Alto da Concha hai que camiñar un tramo polo exterior para chegar ao acceso á Palomera.

ACCESO: O punto de saída esta na estrada Burgos V  5626

HORARIO: 4 horas                         DISTANCIA: 2,5 km

DIFICULTADE: Media                   TIPO DE RUTA: Ida e volta

SINOPSE: O 16 de novembro de 2013 a Cova Palomera abriuse por primeira vez ao público. Desde entonces pasaron máis de 11.000 visitantes pola cavidade. A Cova Palomera forma parte da rede principal de galerías subterráneas do Complexo Kárstico de Ojo Guareña que é un dos sistemas cavernarios máis grandes de España. Conta con 110 km de galerías e cavidades, distribuídas en seis noveis é aínda queda moito por descubrir. É un mundo subterráneo inmenso que se atopa na Merindade de Sotoscueva (Burgos) baixo 13.168 hectáreas de espazo natural protexido, que foi declarado Ben de Interese Cultural pola gran cantidade de xacementos prehistóricos que alberga.

            Para a visita a Cova Palomera non hai que ser un ou unha grande deportista, pero si ter un mínimo de 12 anos e contar cunha condición física suficiente para andar por terreo irregular, baixar e subir zonas en pendente, agacharse nalgún tramo, sen ter que pasar a gatiñas, nin zonas estreitas. Tampouco fai falta poñerse buzos ou arneses, simplemente con vir preparado/a para estar a 8º C e levar calzado que nos esvare é suficiente.

            Comeza a visita no aparcamento do Alto de San Bernabé, explicando varios aspectos do exterior e accedendo posteriormente ao interior da cova onde se poderá visitar a Sala Edelweiss, a Galería Principal, a Sima Dolencias , a Sala Cacique e a Sala Museo de Cera.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: A visita á Cova Palomera faise no cuarto nivel, un nivel de fluctuación, polo que en algúns tramos da visita pode haber circulación puntual de ríos, sen que sexa ningún risco para o visitante. Máis ben, todo o contrario, é un espectáculo digno de ver cando unha fervenza de 54 metros provinte do rego de Villamartín de Sotoscueva que se mergulla pola Sima Dolencias. A principal protagonista da visita é a auga en todos os seus estados e formas, comezando polos ríos subterráneos Guareña e Trema, que foron erosionando a rocha calcaria, deixando as súas pegadas nas galerías a medida que ían pasando por elas. 

            Tamén está presente a auga da chuvia que segundo se filtra polas fracturas das rochas vaise manifestando en diversas formas e tamaños. A auga de condensación que deixa uns brillos singulares nos teitos, debido a colonización de bacterias e incluso se intúe a presenza de auga de mar mediante fósiles mariños que se quedaron eternizados na rocha sedimentaria. 

            A experiencia que se sinte durante a visita non deixa a ninguén indiferente, independentemente que se realice a visita curta de 1,5 km ou a larga de 2,5 km. Ao respectar ao máximo o seu entorno natural, sen alterar a cova con grandes tramos de pasarelas e luces artificiais, permite moverse polo seu chan orixinal.

            O visitante ten a sensación máis preta posible dunha experiencia de espeleoloxía. Soamente cun frontal e un casco vaise paseando polas galerías e salas de grandes dimensións, descubrindo o mundo subterráneo dunha forma moi distinta á de outras covas turísticas.

            A medida que a visita vai internándose na cavidade, os sentidos van agudizándose: comeza a visita con a maxia da Dolina Palomera con a súa exuberancia vexetal e de olor a bosque e liques.  Logo na baixada pola Rampa de Palomera comeza a sentirse o aire que cambia segundo as diferentes condicións atmosféricas das salas que se visitan, escoitase o silencio e pódese experimentar a escuridade absoluta, observar a fauna subterránea e os teitos brillantes, ou simplemente escoitar as gotas de auga, que forman pequenos concertos acústicos ou nos deixan contemplar as marabillosas formacións que quedaron durante séculos e séculos.

            O/a visitante comeza a coller conciencia da inmensidade deste mundo e a entender que forma parte dunha historia moi longa, que comeza con os inicios da terra, a orixe do home e da vida en xeral.