21 08 09 PASARELA DE HOLTZARTÉ - CANÓN DE HOLHADIBIA
PUNTO DE SAÍDA | TRAZADO DA RUTA | GALERÍA DE FOTOS | PDF CASTELÁN | MAPA PARA IMPRIMIR |
SITUACIÓN: Holtzarte - Larrau (Francia)
PUNTO DE PARTIDA: Albergue Laugibar (395 m)
ACCESO: Desde Orontze a Ezcaroz pola NA – 178, alí cóllese a NA – 140 que enlaza con a NA – 2011 que desde o porto pasa a ser a D – 26 que pasa por Larrau ata o Albergue Laugibar, situado á beira da estrada.
HORARIO: 5/6 horas DESNIVEL: 650 m DISTANCIA: 15 km
DIFICULTADE: Media TIPO DE RUTA: Circular
COTA MÍNIMA: Albergue (395 m) COTA MÁXIMA: (1.000 m)
MAPA: Tardets Sorholus La Pierre Saint Martín Canyons des Haute Source Top 25 - 1446 ET do Institut Geográphique National
SINOPSE: A ponte colgante ou pasarela de Holtzarté foi construída en 1920 para facilitar a explotación forestal dos bosques de Hotzarté. Posteriormente, en 2010, a ponte tivo que ser reconstruída debido aos danos que lle causou o ciclón Xynthia, que arrasou o sur occidente de Francia. Actualmente a pasarela de Holtzarté é un dos grandes atractivos do val de Soule (Zuberoa en euskera) xunto con a veciña garganta de Kakuetta.
DESCRICIÓN DA RUTA: Comezamos a camiñar acompañados do río Olhadibia, de augas limpas e cristalinas, as árbores cheas de liques e os raios do sol apenas poden penetrar nesta penumbra.
Cruzamos unha pequena ponte de madeira que salva un regato e ímonos separando do río ganando altura pouco a pouco. Agora o carreiro faise máis costo e uns arames protéxennos do bacío mentres, ao outro lado temos un pasamáns.
Este tramo, con choivas é moi esvaradío polo que se agradece o cable. Unha vez superado esta rampla podemos ver o impresionante canón e o camiño faise máis suave meténdonos de novo noutro bosque. Camiñamos entre fentos e as raíces das árbores que invaden o camiño.
Bordeamos a garganta e, case sen darnos conta, chegamos a un claro onde temos o primeiro contacto con a pasarela. A vista impresiona, chegando a un pequeno miradoiro desde o que observamos a garganta sen chegar case a ver o fondo.
Camiñamos cara á ponte e segundo imos cruzando móvese con un lixeiro balanceo. Cento oitenta metros de altura nos separan do fondo da garganta; as Gorges de Holtzarte son dúas profundas e estreitas fendas labradas polos torrentes Olhadibia e Olhado que discorren encaixados entre paredes verticais que nalgúns puntos superan os 250 m de altura.
Ao outro lado temos un faial polo que remontamos a garganta de Olhadibia ata unha nova ponte, onde remata esta garganta. Logo de cruzala, desaparece o bosque camiñando agora entre fentos e gañando altura pola ladeira chegamos a un outeiro e comezamos a baixar por unha pista ata un desvío onde collemos outro carreiro que nos leva ao punto de saída.