21 08 08 PORTO DE TAPLA - BOSQUE DE ZABALETA - ENCORO DE IRABIA
PUNTO DE SAÍDA | TRAZADO DA RUTA | GALERÍA DE FOTOS | PDF CASTELÁN | MAPA PARA IMPRIMIR |
SITUACIÓN: Ochagavía (Navarra)
PUNTO DE PARTIDA: Porto de Tapla (1.368 m)
ACCESO: Desde Ochagavía pola estrada NA 2012
HORARIO: 7 h. DESNIVÉIS: 350 m de subidas / 834 m de baixadas
DISTANCIA: 17 km DIFICULTADE: Baixa TIPO DE RUTA: Travesía
COTA MÍNIMA: Casa do forestal (820 m)
COTA MÁXIMA: Paso de las Alforjas (1441 m)
MAPA: Valles de Irati y Aezkoa de Alpina
DESCRICIÓN DA RUTA: No porto de Tapla (1.369) comeza a camiñada que nos ofrece dúas opcións xa de saída. Una subir en dirección norte camiño do monte Idorrokia para xirar á dereita e seguir todo polo alto do cordal en dirección leste, pasando polo Alto de Irati ou Abodi (1.454m) e o Paso de Zarrabla onde pouco despois se enlaza con o camiño que ven paralelo polo bosque é que logo do Paso de las Alforjas se xuntan.
A partir deste punto, onde temos un indicador, cambiamos de dirección para ir cara ao norte seguindo o camiño das Casas de Irati (GRT - 9) Baixamos por zona aberta ata que atopamos unha cancela pola que atravesamos para internarnos no bosque.
Logo de camiñar uns dous quilómetros e medio desde o anterior indicador, aparece unha pista, a cal cruzamos para seguir na mesma dirección que traíamos.
Máis adiante, o camiño, pasa xunto á estrada e un pouco despois temos que cruzar esta estrada seguindo na mesma dirección que levamos ata este momento.
Un pouco despois, alcanzamos un aparcadoiro e desde este seguimos pola estrada ata as Casas de Irati onde facemos unha parada na caseta de información da Virgen de las Nieves (855 m).
Aquí comeza a segunda parte do percorrido polo sendeiro SL – NA 63A, Sendero del bosque de Zabaleta, en dirección ao encoro de Irabia que nos primeiros pasos discorre por unha pista forestal.
Uns douscentos metros máis adiante, seguindo as indicacións do sendeiro, deixamos a pista e subimos á dereita, para coller un estreito carreiro, chamado dos barranqueadores, que vai subindo pola vertente sur do monte de La Cuestión e Zabaleta, pasando por riba das penas de Erroiarria, con vistas ao agosto val polo que discorre o río Irati.
Esta é a única pendente significativa que temos que superar, apenas uns 120 metros de subida. Acadamos o punto máis alto do carreiro, na Loma del Cuervo e comezamos unha suave baixada en zigzag ata conectar de novo con a pista forestal que nos conduce ao encoro de Irabia.
Na cola do encoro chegamos a casa forestal, hoxe en día en desuso, e podemos alargar un pouco o percorrido ata a ponte que cruzaba o encoro, agora caída, un tramo de ida e volta por una zoa de densa arborada.
De novo na casa forestal, comezamos a volta por un trazo que primeiramente discorre por unha cota preto do río, que logo remontamos augas arriba polo medio do faial de Zabaleta.
Superado este tramo, enlazamos con a pista forestal que nos leva sen perda ata as Casas de Irati.