21 08 07 PORTO DE LIZÁRRAGA - ERMIDA DE SAN ADRIÁN
PUNTO DE SAÍDA | TRAZADO DA RUTA | GALERÍA DE FOTOS | PDF CASTELÁN | MAPA PARA IMPRIMIR |
SITUACIÓN: Lizárraga (Navarra)
PUNTO DE PARTIDA: Porto de Lizárraga (1.040 m)
ACCESO: Desde a autoestrada A – 10 coller a saída 20 cara a N – 120, estrada de Andía que pasa polo porto de Lizárraga.
HORARIO: 3 h DESNIVEL: 160 m DISTANCIA: 8 km
DIFICULTADE: Baixa TIPO DE RUTA: Circular
COTA MÍNIMA: Poto de Lizárraga (1.040 m) COTA MÁXIMA: Ermida de S. Adrián (1.100 m)
MAPA: I.G.N. – 114 – III
SINOPSE: San Adrián é un outeiro situado sobre o anticlinal norte da serra de Urbasa, dominando os vales de Burunda e Ergoiena. O cume de San Adrián (1.113 m) está presidido pola ermida do santo, do que se di que protexe o val das tormentas.
Neste cume comeza o espectacular cristeirío da unión das serra de Urbasa e Andía, formado por un conxunto de grandes bloques calíos que se esborrallan cara ao val formando un característico perfil aserrado.
DESCRICIÓN DA RUTA: Saímos pola pista que hai xunto á Venta de Lizárraga, lugar que separa as serras de Urbasa e Andía. Camiñados uns metros temos a opción de seguir a pista, que é a máis cómoda, ou desviarnos á dereita para seguir polo alto dos cantís.
Para iso vamos monte a través comezando a subir de maneira suave para pasar xunto ao arco de rocha Portupekoleze (1.070 m). Seguindo a liña cimeira pasamos tamén xunto a unha fiestra natural pola que podemos ver o val de Lizárraga e así, en entretido camiñar, chegamos a o dolmen dende o que nos queda unha curta subida para chegar á ermida e o curuto de San Adrián.
Logo de baixar da ermida, de novo xunto ao dolmen, seguimos as indicacións que nos leva a sima de Tximua, mono en euskera. Esta sima é unha das máis emblemáticas da serra de Urbasa e ademais unha das máis profundas (150 m). Conta no seu interior con un lago estacionario e está atravesada lonxitudinalmente pola falla de Zumbeltz, importante fractura que atravesa a serra de Urbasa. Esta sima está rodeada por dous muros perimetrais de protección.
Seguimos a camiñada en dirección á venta, que tamén a podemos facer paralela a pista ou ben por ela.