20 10 17 BOSQUES DE SAJAMBRE (Adiada pola pandemia)

 

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

GALERÍA DE FOTOS

PDF CASTELÁN

MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Sajambre (León)

PUNTO DE PARTIDA: Curva de La Petenera (1.210 m)

ACCESO: Desde Cangas de Onís pola estrada que sobe ao porto de El Pontón

HORARIO: 5/6 horas                      DESNIVEL:                         DISTANCIA:

DIFICULTADE: Media                               TIPO DE RUTA: Travesía

COTA MÍNIMA: Vierdes (625 m)     COTA MÁXIMA: Curva de La Petenera (1.210 m)

MAPA: I.G.N. - 80 - I

SINOPSE: Sajambre está formado polas súas montañas, os seus vales, os seus ríos e os seus bosques; tamén polos seus pobos, camiños e brañas, pero por riba de todo, as súas xentes.

            A xente destas montañas viviu perfectamente en simbiose con elas, pero tamén nun ambiente moi agreste e difícil, onde as actividades realizábanse a base de moito esforzo, moito tempo e incontable paciencia.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Na mesma curva de La Petenera (1.210 m) pola dereita segundo se sobe, sae unha pista pechada por unha cancela de ferro. No comezo presenta unha forte inclinación para perdela logo de cruzar o regato estacional de La Petenera.

            Cando levamos camiñado algo máis dun quilómetro, nunha curva á esquerda, xunto a unha faia solitaria e recta situada ao lado contrario, arranca un carreiro que baixa entre faias, seguindo unha lomba que nos leva a Majada Xiurbia (1.200 m), situada nunha fondonada, á dereita; solo unha cabana se conserva en pe entre outras doce todas en ruínas.

            Deixando o desaugue desta fondonada á dereita, comeza a baixada cara á esquerda e ao achegarse ao rego de El Campo xira á dereita, paralela a unha presa que levaba auga aos prados que están máis abaixo, para continuar por unha lomba con a canle mencionada á esquerda e á man contraria o rego da fonte de Xiurbia.

            Axiña atopamos á nosa esquerda as ruínas dunha cabana, El Joyubi, habendo empregado as súas pedras para facer unha máis grande.

            Baixando, á nosa esquerda van quedando prados a distinto nivel, o carreiro cruza un barranco e, algo máis abaixo, temos que cruzar unha cerrume de arames; imos logo por un vale de cascaxo e moito barro en caso de choiva, chegando as ruínas dunha cadra; La Xierrata.

            Achegámonos ao remate dun coto calizo que vemos á nosa esquerda e alí atopamos un camiño ben definido que avanza con forte pendente entre un túnel de faias e avelairas, tendo de fronte a cara sur de Pica Ten.

            Máis abaixo e á dereita levántase outro invernal en uso cunha pequena cabana a sombra duns freixos. Son Las Posadiellas. Á súa altura, o carreiro describe unha curva á esquerda pola que baixamos a mesma beira do río Cuélebre chegando a pista de Pío, uns corenta metros antes da Pontiga Bajera.

            Seguimos a cara á esquerda en dirección a Pío ata que atopamos a pista que vai a Vierdes pola que seguimos ata esta aldea. Cruzámola seguindo o camiño que vai a Ribota cruzando o río Sella e pouco máis adiante collemos nunha bifurcación o sendeiro que sobe a Oseja.