12 05 05 Peña Las Saleras (Teverga) Asturias
VER PUNTO DE SAÍDA | VER MAPA DA RUTA | VER GALERÍA DE FOTOS | PDF CASTELÁN |
SITUACIÓN: Serra de Sobia – Quirós e Teverga (Asturias)
PUNTO DE PARTIDA: Porto Ventana (1.587 m
ACCESO: Na A – 8 collemos a saída de Trubia e logo aquí a AS – 228 . En Caranga collemos á dereita ata o porto Ventana.
HORARIO: 5/6 horas DISTANCIA: 17 km
DESNIVEL ACUMULADO: 515 m de subida / 1025 m de baixada
DIFICULTADE: Media TIPO DE RUTA: Travesía
MAPAS: I.G.N. – 77 – I – II – IV
DESCRICIÓN DA RUTA: Saímos do porto Ventana (1.578 m) pola pista que vai a Ricabo. Neste tramo o camiño vai facendo lixeiras subidas e baixadas, pasa xunto a ermida de Trobaniello (1.547 m) é pouco despois, nunha curva cerrada á dereita, temos que deixar a pista para coller un sendeiro que se interna polo monte.
Este tramo, baixa a través de monte baixo ata o alto de Garrafe (1.412 m) onde collemos un antigo sendeiro que sobe pola ladeira do pico Garrafe, no primeiro tramo e logo en chan. Imos a cabalo entre terras de Teverga e Quirós, con fermosas e amplas vistas, chegando así ao cimbro de Busbigre (1.489 m) onde unha pista baixa a VilladeSub, e logo polo antigo camiño a Páramo.
Seguimos o camiño ata a braña de Llandurria, subindo en dirección noroeste a Cueñe de la Forcada (1.750 m), dende a que xa vemos o cume de Las Saleras. A partir de aquí temos o terreo é máis incómodo, con moitas fendas, polo que debemos camiñar con precaución. No cume, temos boas vistas do Ferreirúa, Ventana, Ubiña, Peña Rueda e a Serra do Aramo.
Baixamos cara ao norte, en dirección ao cimbro de Los Fuexos (1.582 m) onde, parte un sendeiro que baixa a Fresnedo, pasando pola braña do mesmo nome. Logo o sendeiro tórnase en ampla pista seguindo polo val abaixo entre prados con cabanas e cadras cercados de frondosas.
Unha vez en Fresnedo, seguimos por estrada asfaltada ata conectar coa que sobe ao porto Ventana. Uns tres centos metros estrada arriba atópase Cueva Huerta onde remata esta travesía.
OUTRASOPCIÓNS
Pódense visitar unhas covas de pinturas rupestres as cales se chega collendo un sendeiro que parte da pista que sobe a Fresnedo, a poucos metros do cruce da estrada que sobe a Ventana.
Tamén se pode baixar por camiño sinalizado dende Cueva Huerta a San Martín de Teverga a través dun fermoso entorno de frondosas.