19 08 14 Nacemento do río Urederra
TRAZADO DA RUTA |
MAPA PARA IMPRIMIR |
SITUACIÓN: Serra de Urbasa y Andía (Navarra)
PUNTO DE PARTIDA: Aparcadoiro de Baquedano (600 m)
ACCESO: Desde a estrada NA – 718 collemos a NA – 7186 dirección Baquedano
HORARIO: 3 h DESNIVEL: 260 m DISTANCIA TOTAL: 7 km
DIFICULTADE: Baixa TIPO DE RUTA: Ida e volta
COTA MÍNIMA: Pista (540 m) COTA MÁXIMA: Nacemento (700 m)
MAPA: I.G.N. – 140 – I
SINOPSE: No seu nacemento o río Urederra forma un colosal anfiteatro aos pés dunha grande muralla calía formada pola serra de Urbasa, baixando cara as Amescoas en divertidas fervenzas de sorprendente cor azul turquesa.
O río Urederra xurde das mesmas entrañas de Urbasa, saíndo das profundidades a auga que se filtra do gran karst da serra.
O entorno catalogado como Reserva Natural, e dunha beleza e riqueza ecolóxica con unha pequena poboación de lontras e visón europeo, ademais de numerosas aves acuáticas que fan das pozas as súas piscinas particulares, entre as que destaca o martín peixeiro (martín pescador) e o merliao (mirlo acuático).
DESCRICIÓN DA RUTA: O comezo da andaina é moi sinxelo e monótono. Unha ancha pista que en seguida nos leva á canle do río Urederra. Rodeados de bosque, faias e carballos principalmente a ruta lévanos río arriba comezando a regalarnos imaxes de postal.
As primeira pozas e fervenzas, unha detrás de outra, fan o lugar alucinante, ademais dos tramos onde a auga discorre máis tranquila e onde se poden ver os tons azuis e verdes tan intensos que caracterizan este espazo natural.
Logo de percorres un bo tramo de ruta, o carreiro comeza a gañar altura entre pasarelas e pontes de madeira sendo ao mesmo tempo, as fervenzas máis impoñentes e onde a auga parece saír de todas partes.
Logo da subida, temos unha grande recompensa, xusto no remate do camiño. É onde emerxe a auga, nada menos que unha fervenza de 100 m de altura que sae dun impresionante cortado rochoso, o Balcón de Pilatos.
A volta facémola polo mesmo camiño gozando por partida dobre de todas as marabillas que vimos na ida.