19 04 20 Sendas de Villanueva de los Montes

 

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

GALERÍA DE FOTOS

PDF CASTELÁN

MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Frías e Oña (Burgos)

PUNTO DE PARTIDA: Frías (572 m)

ACCESO: Desde Quintana Martín Galíndez pola estrada BU – 530 e logo pola BU – 504. Frías está a 8 km de Quintana Martín Galíndez.

HORARIO: 3/4 horas                      DESNIVEL: 380 m              DISTANCIA: 12 km

DIFICULTADE: Baixa                    TIPO DE RUTA: Circular

COTA MÍNIMA: Na saída de Frías (480 m)                   MAPA: I.G.N. – 136 - II

COTA MÁXIMA: Cruce entre Villanueva de los Montes e Quintanaseca (850 m)

SINOPSE: Os veciños de Villanueva de los Montes utilizaron secularmente unha serie de camiños e carreiros para salvarse do seu illamento: son as Sendas de Villanueva de los Montes.

            Mediante esta rede Oña, Tobera, Barcina de los Montes, Penches, Cillaperlata, Frías e Quintanaseca fundamentalmente, permaneceron en constante relación. Por eles acudían ás festas veciñas comezando amizades; con mulos e burros fornecían leña para quentar os moitos fogóns de Frías e traían os alimentos que o mercado semanal lles deparaba.

            As Sendas de Villanueva a Quintanaseca e a Frías permiten adentrarse nalgún dos recunchos máis ocultos dos Montes Obarenes e contemplar magníficas vistas dos vales de Tobalina e Frías.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Saímos de Frías en dirección a Tobera baixando un pouco pola estrada. De seguida collemos unha pista de terra que sae pola dereita e pouco despois facemos un xiro á esquerda para comezar a subir por pista.

            Esta parte da ruta é un pouco monótona, máis as vistas que temos de Frías fan que sexa máis sinxela. Cando levamos pouco máis de dous quilómetros, teremos que abandonar a pista, onde temos unha indicación cara a un camiño pola dereita que se interna no bosque. Este tramo é moi fermoso porque segue case outros dous quilómetros nunha continua subida debaixo dun túnel formado pola arborada.

            Logo de catro quilómetros de ruta rematamos o ascenso chegando a un cruce que nos indica que temos que seguir pola esquerda para chegar ata Villanueva de los Montes.

            A baixada ata Villanueva de los Montes e o posterior regreso a este cruce é de ida e volta e de bastante fermosura.

            Á volta de Villanueva de los Montes, comeza unha rápida baixada a Quintananaseca e desde aquí unha última subida e unha suave baixada deixaranos aos pés de Frías.