19 08 12 Bisaurín

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

GALERÍA DE FOTOS

PDF EN CASTELÁN

MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Valle de Hecho e Aragüés del Puerto (Huesca)

PUNTO DE PARTIDA: Refuxio de Gabardito (1.380 m)

ACCESO: Dende a estrada HU – V – 2132 que vai a Selva de Oza, desviámonos pola ponte de Santana (920 m). O refuxio está a 7 km deste cruce.                       

HORARIO:6/7 horas                      DESNIVEL: 1.290 m                      DISTANCIA: 18 km            

DIFICULTADE: Media                   TIPO DE RUTA: Circular            

MAPAS: I.G.N. – 144 – I - II

SINOPSE: O Bisaurín, sen tratarse dun tres mil, ofrece dende o seu cume unha extensa e fermosa panorámica da cordilleira pirenaica e os seus arredores ao non ter preto ningún outro cume que lle estorbe. Aínda que esta ruta non posúe dificultades técnicas, non deixa de ser un percorrido longo de alta montaña que afrontaremos nas debidas condicións físicas levando auga en abundancia sobre todo no verán.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Saímos do refuxio de Gabardito (1.380 m), seguindo as pegadas do sendeiro G.R. – 11, cara ao leste, primeiro polo bosque e despois por terreo máis despexado. Remontamos polo barranco baixo a pena Agüerri (2.449 m) e polos chans de Dios te Salve (1.744 m), onde hai un refuxio. Seguimos cara ao leste chegando sen maiores dificultades ao Collado de Foratón (2.016 m).

            Neste punto abandonamos o G.R. – 11 que, dende aquí, baixa cara ao refuxio de Lizara, paras subir en dirección nordeste, por camiño herboso primeiro e pedregoso máis tarde, ao cume do Bisaurín (2.670 m).

            Como alternativa para a baixada, desde o Collado Foratón, camiñamos polo cimbro que separa o Valle de Hecho do de Aragüés cara ao suroeste acadando así a liña de cumes da Sierra de Gabas.

            Camiñamos cara ao oeste – suroeste polo cordal podendo evitar algún cume ata chegar ao Pico de la Cuta. Aquí o cordal bifúrcase ao ter vista cara ao Valle de Hecho. Collemos o ramal da nosa dereita que con dirección noroeste lévanos ata a Punta de la Cuta. Desde esta mesma, baixase con forte pendente cara ao oeste pola divisoria norte do val de Asamún e posteriormente ao chegar a zona de menor pendente con amplos e espesas praderías xiramos ao norte baixando polas mesmas ata o punto de inicio