18 11 17 Valle del Ríu Mediu - Peña Los Tornos
TRAZADO DA RUTA |
GALERÍA DE FOTOS |
MAPA PARA IMPRIMIR |
SITUACIÓN: Caso (Asturias)
PUNTO DE PARTIDA: Barrio de Nozaleda (Orlé) (650 m)
ACCESO: Pola AS – 117 que vai ao porto de Tarna. En Campo Caso collemos a AS – 254 que vai a Infiesto.
HORARIO: 3/4 horas DESNIVEL: 550 m DISTANCIA: 8 km
DIFICULTADE: Media TIPO DE RUTA: Circular
COTA MÍNIMA: Nozaleda (650 m) COTA MÁXIMA: El Vocín (1.200 m)
MAPA: I.G.N. – 54 – IV
DESCRICIÓN DA RUTA: A camiñada comeza no barrio de Nozaleda. Subimos por este lugar pasando xunto a un bebedeiro de gando con unha caseta lavadoiro anexada. Pasando este, xiramos á dereita para coller o camiño que vai de Orlé a Pendones, e logo de andar uns trescentos metros, vemos un indicador que nos indica o camiño da ruta do Ríu Mediu, cara a esquerda.
O camiño, ancho e empedrado, discorre deixando o río á dereita ata Vallubaxu, onde se cruza o regueiro por unha ponte de madeira para continuar a subida pola outra marxe. De seguida, en Vallumediu, unha ponte similar ponnos na outra beira do rego e algo máis arriba, rodeada dunha espesa vexetación podemos observar as pequenas fervenzas polas que baixan as augas da serra de Pandemules.
Proseguindo a ascensión, acadamos axiña a fonte de dous caños de Vallualtu, lugar en que de novo cruzamos o rego, esta vez por unha ponte con branceira metálica.
Despois de Vallualtu, aumenta a pendente ata alcanzar La Bauga (1.060 m), un chan no que se abre o val á confluencia de varios regatos que alimentan o río Mediu. Neste punto cruzamos varios camiños, os que levan ao Peñón de les Travieses e Piedrafita, ou a Riofabar atravesando a fermosa Foz de los Moñacos.
Collemos o que se sitúa máis á esquerda que nos leva El Vocín, Cañándi e Entrecolladas, que é o que sigue esta ruta PR – AS – 126.
O camiño agora, transfórmase nun costo carreiro que pasa baixo a pena polo chamado Foceyu de la Congostura, alcanzando de seguida, tras unha pequena subida, as campeiras de El Vocín (1.140 m), punto máis alto deste percorrido. Xunto á cadra alí existente o camiño únese con o que ven pola dereita de Nieves por Les Collaes.
Deixando a anterior cadra citada á esquerda, báixase agora por un sombrío camiño que discorre entre arborada ata o Colladín de la Calavera, onde se abre a paisaxe ao val do Riu Quixaes. Agora non queda máis que baixar cara ao río para cruzalo por unha ponte e coller a pista que baixa á esquerda a Orlé e logo ó barrio de Nozaleda
Collau de Piedrafita – Peña Los Tornos
Si o día acompaña, podemos alongar a ruta uns cinco quilómetros. Para iso, no lugar de La Bauga (1.060m), en vez de xira á esquerda, seguimos de fronte pola pista principal pola que subimos facendo varios zigzags ata a braña de La Felguera (1.220 m).
Deixamos a pista principal, reto da fonte, para subir cara ao norte atravesando o cordal que culmina no pico Entrepeñes, no lugar de Escobiu de Piedrafita (1.300 m), desde o que seguimos subindo para acadar o Collau de Piedrafita (1.404 m)
De fronte e á dereita podemos ver a Peña Los Tornos (1.558 m), facilmente accesible desde este lugar, e cara á esquerda, o Cuetón de Les Travieses. Aquí cambiamos o rumbo para xirar ao oeste deixando á nosa dereita o Cuetón de Les Travieses. Camiñamos pasando polo lado norte do pico Entrepeñes (1.479 m) e El Mayau (1.484 m) con o Monte Moñacos abaixo e á dereita, polo que se baixa a través da Foz de Los Moñacos a Ribofabar.
Pero nós seguimos en dirección oeste para acceder a un novo val, orientado ao sur, que se asenta entre os derrubes dos picos El Mayau e La Frayada (1.479 m).
Por este val temos que baixar en dirección sur leste ata entroncar, xunto á braña de Les Cangues (1.320 m), con a pista que baixa a El Vocín onde seguimos polo camiño descrito na ruta do Valle del ríu Mediu.