19 09 08 Peña Niajo e Pico Pozalón

 

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

GALERÍA DE FOTOS

PDF CASTELÁN

MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Sajambre (León)

PUNTO DE PARTIDA: Ribota de Abajo (530 m)

ACCESO: Desde a estrada N – 625 que vai de Cangas de Onís a Riaño, antes de chegar a Oseja, coller á dereita.

HORARIO: 5/6 horas                      DESNIVEL: 1.300 m          DISTANCIA: 13 km

DIFICULTADE: Media / Alta                     TIPO DE RUTA: Circular

COTA MÍNIMA: Ribota de Abajo (530 m)                   

COTA MÁXIMA: Niajo e Pozalón (1.747 m)

MAPA: I.G.N. – 80 – I

SINOPSE: Ruta moi interesante por Sajambre camiñando por espesos bosques e percorrendo o curuto entre os picos Niajo e Pozalón, cumes de discreta altura pero que nos ofrecen un panorama impresionante desde o fondo do desfiladeiro dos Beyos ata as altas cumes dos Picos de Europa, así como as fermosas aldeas de Pío e Vierdes.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Saímos do Ribota de Abajo (530 m) cruzando o río Sella por unha ponte, deixando á nosa esquerda unha paneira de 8 tentemozos e a central eléctrica, e a dereita a casa de Marcelino e unha cadra. O camiño con forte pendente e varias curvas; na primeira delas pola parte dereita accede outro camiño e a man contraria levántase un poste do tendido eléctrico. Imos deixando os prados do río Igüeyo e o depósito da auga á dereita do camiño cando este perde parte da pendente. Cincuenta metros máis arriba temos  unha bifurcación, seguindo pola dereita que nos leva á ponte Buseco sobre o río Igüeyo que no verán non leva auga. Vamos un bo treito paralelos ao rego Igüeyo dentro da frondosidade do bosque, chegando á braña Llanarca (1.000 m).

            A arborada faise menos espesa, deixando a sombra do bosque un pouco máis arriba. Na braña deixamos unha cabana gandeira para comezar a subir polas abas no Niajo, agora sen carreiro e con forte pendente.

            O terreo de rocha cuberta por vexetación fai que teñamos que mirar onde pisamos tendo que ir un pouco cara á esquerda onde temos unha canle que nos facilita a subida. Apousadamente vamos gañando altura ata acadar o curuto. O panorama agora é impresionante, camiñando polo cimbro cara ao cume do Niajo (1.747 m). Neste curto tramo temos que por atención para pasar un tramo de rocha rota.

            Seguimos camiñando polo cimbro en busca do seguinte cume, o Pozalón (1.747 m), travesía que nos amosa unhas fermosas vistas, sen dificultade pero con inmensas caídas para ambos lados.

            Desde esta posición podemos ver o Tiatordos e o Maciédome, máis ao oeste o macizo de Mampodre e a serra de Pármede. Unha curta e fácil trepada deposítanos no cume do Pozalón.

            Comezamos a baixada por terreo rochoso perdendo altura rapidamente cara ao cimbro de Porro Llago desde o que subimos ao Porro Cervaliza (1.638 m), que posúe moi boas vistas dos Picos de Europa e o cordal que acabamos de recorrer.

            Desde aquí baixamos á  Collada Llaete con as súas braña de Carbanal, Jurniello, Mesegueros e La Braña.

            Neste punto collemos a pista que comunica Pío con Arcenorio. Camiñamos por ela un treito ata que atopamos un poste de dirección que nos interna pola dereita no bosque. En realidade é un atallo á pista que se xunta con ela máis abaixo no lugar de La Puente (720 m) xunto ao río Zarambral.

            Seguimos a pista ata Pío o que atravesamos para coller o camiño a Vierdes e Oseja. En Vierdes facemos unha parada xunto á fonte para proseguir o camiño en dirección a Oseja, pero na bifurcación, collemos pola esquerda, o ramal que vai a Ribota de Abaixo, onde concluímos esta fermosa andina.