19 12 21 Braña de Abredo

 

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

GALERÍA DE FOTOS

PDF CASTELÁN

MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Eilao (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Cedemonio / Zadamoño (210 m)

ACCESO: Desde a A – 8 coller a saída 483 cara a Navia e logo, antes da ponte coller a AS – 12 que vai a Grandas de Salime

HORARIO: 3/4 horas                      DESNIVEL: 600 m                          DISTANCIA: 11 km

DIFICULTADE: Media                   TIPO DE RUTA: Travesía

COTA MÍNIMA: Cedemonio (210 m)                 COTA MÁXIMA: Pista (810 m)

MAPA: I.G.N. – 25 – IV – 26 – III

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Comezamos a camiñada saíndo da estrada (200 m) ata chegar as primeiras casas de Cedemonio onde nos desviamos á esquerda seguindo unha pista que sobe facendo varios zigzags. Unha vez que chegamos a un chan con un prado á esquerda (550 m) deixamos a pista pola que víñamos subindo e collemos un camiño a esquerda que vai directo a un regato.

            O tramo ata o rego está bastante invadido de broza pero, unha vez cruzado o rego, o camiño aclaréase no medio da espesura do bosque. Logo deste fermoso bosque autóctono comeza o piñeiral polo que seguimos ata a seguinte bifurcación onde collemos á dereita, agora por unha ancha pista no medio duns grandes piñeiros. A pista, vai perdendo entidade para converterse nun camiño é, nunha curva moi pronunciada á dereita temos unha fonte con bebedeiro. Estamos xa,debaixo mesmo da braña de Abredo (780 m) á que chegamos nuns poucos metros máis, entramos pola parte baixa onde aparecen os restos das primeiras cabanas. Percorremos esta braña de abaixo a arriba, aparecendo na parte alta unha pista.

            Temos que seguir a pista principal, á esquerda, deixando á nosa dereita unha finca de bidueiros. Camiñamos en chan entre prados para entrar noutra finca de piñeiros. Á nosa esquerda quedan as construcións dunha gandería, e o punto máis alto deste percorrido (810m), seguimos a pista ata que chegamos a unha zona de prados.

            Pola dereita baixa unha estrada asfaltada que ven desde o cruce de A Bobia ata a área recreativa de Folgueirou, a partir de aquí todo será baixada ata o remate da ruta. Camiñamos uns metros paralelos a dita estrada para deixala en seguida pois o noso camiño vaise apartando de dita estrada para ir cara a  unha zona de prados pola esquerda e monte pola dereita. 

            Máis abaixo, cruzamos a estrada asfaltada e polo monte chegamos a Folgueirou (470 m), onde remata esta andaina.