19 09 07 Peña Beza e Cantu Cabroneru (Sajambre) León
MAPA PARA IMPRIMIR |
SITUACIÓN: Amieva (Asturias)
PUNTO DE PARTIDA: Soto de Sajambre (León) (925 m)
ACCESO: Desde a estrada N – 625 que vai de Cangas de Onís a Riaño, antes de chegar a Oseja, coller á esquerda a estrada que vai a Soto de Sajambre
HORARIO: 6/7 horas DESNIVEL: 1.300 m DISTANCIA: 14 km
DIFICULTADE: Media TIPO DE RUTA: Ida e volta / circular
COTA MÍNIMA: Soto de Sajambre (925 m)
COTA MÁXIMA: Cantu Cabroneru (1.996 m)
MAPAS: I.G.N.- 80 – I – 55 – III - Macizo Occidental de los Picos de Europa (Adrados)
DESCRICIÓN DA RUTA: Cruzamos toda vila de Soto de Sajambre en dirección nordeste ata que atopamos a sinal da Senda del Arcediano. Camiñamos por pista de terra desde a que vemos toda a mole calía que da nome ao lugar. Na bifurcación que vai a Valdelosciegos, collemos á esquerda por un camiño máis pendente que vai en dirección a Los Collaos (1.365 m) rodeando pola esquerda o pico Jurcueto.
Desde esta posición podemos ver o cordal que limita con Redes, dende o Tiatordos ata Peña Ten. Continuamos bordeando o Jurcueto ata case rodealo atopando unha fonte bebedeiro. Seguimos subindo pola Senda do Arcediano ata preto da Portilla onde un pouco antes temos que desviarnos á dereita, subindo pola ladeira en busca da Canal de Misa.
Subimos esta canle sen ningún perigo que nos deposita no Valle Llanu, unhas praderías de alta montaña. Desde este lugar, xiramos á dereita, camiñando entre as moles de Peña Beza e Cantu Cabroneru, para subir polo val en dirección leste ata o Collau Llanu. Desde aquí, temos fitos que indican a subida que se fai nuns vinte minutos ata o cume de Peña Beza (1.958 m).
Desde o cume, as vistas son espectaculares. O val do río Dobra os nosos pés, detrás os Picos de Europa, e un sen fin de montañas da Cordilleira Cantábrica.
Baixamos polo mesmo camiño, ata enfronte á Canal de Misa onde xiramos á dereita para ascender ao segundo cume do día. Tampouco ten dificultade especial o Cantu Cabroneru (1.996 m). As vistas seguen a ser impresionantes e logo da parada obrigada, volvemos polo mesmo camiño ata o Valle Llanu. Unha vez de novo xunto a parte superior da Canal de Misa, xiramos cara á dereita para baixar pola Cuenye Bermeya a través da cal accedemos ao Camino del Arcediano á altura da Cruz del Tarabicu.
Camiñamos en dirección suroeste ata a Portillera, límite de Amieva e Sajambre para baixar polo mesmo camiño.