19 07 20 La Cuevona - Ruta dos Muíños

 

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

GALERÍA DE FOTOS

PDF CASTELÁN

MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Ribadesella (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Cuevas del Agua (10 m)

ACCESO: Desde Ribadesella a través de La Cuevona.

HORARIO: 3/4 horas                      DESNIVEL:  350 m             DISTANCIA: 13 km

DIFICULTADE: Baixa                    TIPO DE RUTA: Travesía

COTA MÍNIMA: Ribadesella (10 m)                   COTA MÁXIMA: Antenas (333 m)

MAPA: I.G.N. – 31 –I

SINOPSE: A única maneira de acceder con vehículo a Cuevas del Agua é a través de La Cuevona, un túnel duns douscentos metros de lonxitude. Esta cova está chea de estalactitas e estalagmitas sae ao  val onde se asenta a localidade de Cuevas.

            A ruta dos muíños, xunto con a ascensión ao Monte Moru, desde onde se pode contemplar unhas vistas panorámicas da costa e Ribadesella inesquecibles fan desta curta ruta unha completa xornada de sendeirismo.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: A camiñada comeza saíndo da estrada N – 634, logo de pasar Santianes en dirección Arriondas. Atravesamos o río Sella por unha ponte ata chegar as vías do ferrocarril. Alí collemos á esquerda camiñando paralelo as vías ata que atravesamos por debaixo dunha ponte do ferrocarril.

            Deixamos o Sella para subir cara ao casarío de Santiago é ir achegándonos ao rego Ginestral del Castiello que abastecía aos seis muíños. Todos en ruínas menos un, no que ofrecen visitas guiadas. Subimos paralelos ao rego por un bo camiño e ben sinalizado atopando a sinal do primeiro muíño. Baixamos ata el por unha zona bastante deteriorada así como o muíño.

            Volvemos sobre os nosos pasos ata o camiño principal e a medio quilómetro atopamos a sinal do segundo muíño que visitamos baixando con coidado pois o carreiro é ben costo. De volta no camiño principal andamos outro quilómetro para atopar o terceiro muíño, o de Francisco, este preparado para as visitas.

            De novo no camiño principal imos cara ao cuarto muíño que está situado ao outro lado do rego. O quinto muíño ten unha ponte de madeira para cruzar o rego pero, tamén está en ruínas. Preto deste sitúase o sexto muíño, para min, o máis guapo de todos.

            Aquí remata a Ruta de los Molinos, pero seguimos a ruta cara á área recreativa de Monte Moru. Máis arriba enlazamos con a pista asfaltada onde xiramos á dereita pasando ao lado dunha casa situada á nosa esquerda. Seguimos cara arriba ata alcanzar a vertente de augas dando vistas a rasa costeira e o mar Cantábrico.

            A pista asfaltada fai unha curva á esquerda, lugar onde a abandonamos, xusto na área recreativa de Monte Moru, para seguir polo cimbro da montaña en dirección a unhas antenas.

            Logo, comezamos a baixar ata atopar unha pista pola que baixamos ata o lugar de Cuevas. Atravesamos este lugar para introducirnos na Cuevona. Este tramo é por estrada aberta ao tráfico, polo que teremos coidado, sobre todo no  tramo de La Cuevona.

            Saímos no outro lado para cruzar por debaixo a autoestrada A – 8 e un pouco máis adiante, deixamos a estrada para coller pistas secundarias e ir arrimándonos ao Sella ata chegar ao porto de Ribadesella, onde remata esta fermosa ruta.