19 04 18 Monte Santiago - Salto do Nervión

 

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

GALERÍA DE FOTOS

PDF CASTELÁN

MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Berberana (Burgos)

PUNTO DE PARTIDA: Aparcadoiro xunto á estrada CL – 625 (860 m)

ACCESO: Desde Berberana pola estrada CL – 625

HORARIO: 4 horas       DESNIVEL: 250 m                  DISTANCIA: 14 km

DIFICULTADE: Baixa                       TIPO DE RUTA: Circular

COTA MÍNIMA: Loberas Viejas (810 m) COTA MÁXIMA: Na Senda del Pastoreo (950 m)

MAPAS: I.G.N. – 111 – I – II 

SINOPSE: Os avesíos faiales que cobren boa parte do Monte Santiago, xunto con a fervenza do Nervión, son os protagonistas desta paisaxe da Cordilleira Cantábrica. Situado no extremo noroeste da provincia de Burgos, presenta un espazo dominado por un frondoso, avesío e fermoso faial, que nos acompaña en todo o percorrido da Serra Salvada.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Comezamos a andaina no aparcadoiro que está xunto á estrada CL – 625, (860 m). Entramos no parque camiñando pola pista algo máis de un quilómetro, onde nos desviamos cara ao sur seguindo a Senda del Pastoreo. Á nosa dereita temos un acibeiral, e logo de uns seiscentos metros seguimos en dirección leste, atravesando unha cancela de arames que deixaremos pechada.

            Entramos nun fermoso faial polo que camiñamos uns dous quilómetros ata que saímos a unha zona máis despexada onde predomina o matueiro. Por esta zona camiñamos cincocentos metros collendo en dirección norte para meternos noutro faial. Así acadamos unha pista onde, cara á esquerda iríamos á Casa del Parque e a Fuente Santiago, pero nós seguimos pola dereita, camiño que nos leva ata unha restaurada lobeira.

            Para alargar a ruta, retrocedemos pola pista ata alcanzar un desvío pola Senda del Hayedo. Pasamos xunto a uns lapiaces e logo de camiñar por esta faial uns seiscentos metros, desviámonos en dirección leste é sen saír do faial chegamos as lobeiras vellas e ata o borde dos cantís. O lugar é un pequeno saínte chamado Hoyo Nuevo con grandes vistas. Logo de contemplar este espectáculo natural, seguimos en dirección sur leste para chegar ao miradoiro do Salto do Nervión.

            Agora seguimos pola Senda del Cortado, que discorre preto da beira do canón. Axiña temos unha forte subida ó largo de dous quilómetros e medio que nos leva a  un fermoso bosque de faias moi preto dos cortados de El Castillete, cunhas grandes vistas do Cañón de Delika,ata o Mirador de la Esquina de Rubén, lugar desde o que temos boas vistas do Pico del Fraile, a Virxe de Orduña, Sierra Salvada e a comarca de Orduña en Viscaia e Amurrio en Araba.

            Continuamos, abandonando o cortado, enlazando con a Senda de la Charca del Cortón, pasamos xunto a un bebedeiro e alcanzamos a pista pola que comezamos a ruta.

            Xirando á esquerda e seguindo a pista principal, podemos visitar a Casa del Parque e a Fuente de Santiago. A volta facémola pola pista principal ata o lugar de inicio.