18 09 09 Pico Espigüete

 

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

GALERÍA DE FOTOS

PDF CASTELÁN

MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Velilla del río Carrión (Palencia)

PUNTO DE PARTIDA: Cruce do rego Mazobres (1.340 m)

ACCESO: PolaRuta de los Pantanos dendeCervera de Pisuerga ouVelilla del río Carrión. Logo desde Cardaño de Abajo pola pista que vai a Cardaño de Arriba.

HORARIO: 5/6 horas                     DESNIVEL: 1.200 m          DISTANCIA: 11 km

DIFICULTADE: Media       TIPO DE RUTA: Circular

COTA MÍNIMA: Punto de saída (1.340 m)         COTA MÁXIMA: Espigüete (2.451 m)

MAPA: I.G.N.- 106 – I - Macizo de Fuentes Carrionas de Adrados

SINOPSE: Ruta moi entretida, tanto na subida como na baixada que nos brinda, unha vez arriba, fermosas vistas cara aos catro puntos cardinais.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: A subida ao Espigüete pola aresta este é un itinerario moi engadante para a xente habituada as trepadas e valeiros que sen embargo, nesta ascensión non ten máis dificultade que os mil douscentos metros de desnivel a salvar en algo menos de catro quilómetros.

            Saímos do aparcadoiro seguindo a pista de Mazobres pero de seguida sae á esquerda un carreiro sinalado con fitos que vai cara ao contraforte nordeste da montaña pola zona máis accesible. Seguimos este carreiro sen complicacións salvando unha primeira zona de mato, e un rechán de prado.

            Logo de superar o primeiro tramo, podemos ver a aresta que leva ao cume este do Espigüete. Seguimos subindo ata chegar a unha zona máis suave, que nos deposita no cimbro Cervunal desde o que seguimos subindo, ata un segundo cimbro desde o que vemos de fronte o último obstáculo que nos separa do cume secundario, subindo pola aresta primeiro e xirando á dereita máis tarde para chegar a este primeiro cume de 2.444m, e xa podemos ver o cume principal.

            Facemos un pequeno destrepe, cruzando o cimbro que separa os dous cumes, onde se enlazan as vías da cara norte e sur. Nun derradeiro esforzo chegamos ao cume principal do Espigüete (2.451 m).

O macizo central de Picos de Europa queda ó norte; xirando cara ao leste temos Peña Prieta, Peña Sagra, o Curavacas, Valdecebollas, Peña Redonda e Peña Mayor o sur Peña Corada, Pico Moro, os cumes de Riaño, Peña Ubiña, Pico Torres, o Mampodre, Peña Ten, Tiatordos, e por último o macizo occidental de Picos de Europa. Vaia regalo si o día acompaña.

            Logo desta parada, comezamos a baixada volvendo os nosos pasos ata o cimbro e collemos a vertixinosa baixada pola cara norte polo medio dunha pedreira. Primeiro por camiño marcado ata chegar a un primeiro tramo de pedreira, costo e esvaradío. O segundo tramo pasa por unha profunda fosa que baixa facendo zigzags ata o camiño de Mazobres.

            Chegado ao camiño, xiramos á esquerda para achegarnos a fermosa fervenza de Mazobres para logo, coller o camiño de volta, sempre por pista, ata o aparcadoiro.