18 09 08 Pico Curavacas
TRAZADO DA RUTA |
MAPA PARA IMPRIMIR |
SITUACIÓN: Triollo e Cervera del Pisuerga (Palencia)
PUNTO DE PARTIDA: Vidrieros (1.320 m)
ACCESO: Seguindo a Ruta de los Pantanos dende Cervera del Pisuerga ou Velilla chegaremos a Triollo onde tomamos a estrada local a Vidrieros.
HORARIO: 5/6 horas DESNIVEL: 1.200 m DISTANCIA: 8 / 16 km
DIFICULTADE: Alta TIPO DE RUTA: Ida e volta ou circular
COTA MÍNIMA: Vidrieros (1.320 m) COTA MÁXIMA: Curavacas (2.524 m)
MAPAS: 106 – II - Macizo de Fuentes Carrionas de Adrados
SINOPSE: O Curavacas pode verse desde moitos puntos da metade oriental a Cordilleira Cantábrica. Forma parte dun famoso trío de xigantes xunto co Espigüete e Peña Prieta. A súa ascensión desde Vidrieros impón, a súa cara sur elévase uns 1.200 m por riba das nosas cabezas, non dando a subida ningún respiro.
DESCRICIÓN DA RUTA: Abandonamos a pequena praza de Vidrieros pola rúa Chica, pasando por detrás dunha atractiva casa rural para tomar a pista que sae da aldea en dirección oeste. Despois duns minutos cruzamos o regato de Cabriles e xiramos cara ao norte para seguir un sendeiro que nos leva entre piornos e árbores ata un pequeno prado que sinala o comezo desta subida sen tregua. Hai numerosos fitos ao largo de toda a rota, pero para subir ata a entrada de Callejo Grande e conveniente dirixirse primeiro ao Collado del Hospital, un ancho e herboso cimbro ao este do cume. O nome deste cimbro chamará a atención a quen intente esta ascensión sen a forma física necesaria, pero máis cedo ou máis tarde poñeremos pé na pequena repisa que existe ao pe das rochas que forman a parede oriental de Callejo Grande.
Na práctica, cústanos menos subir por esta canle que polas pedreiras inferiores. O camiño está ben marcado e en nalgúns sitios transcorre entre pequenas repisas e viras de herba. Ademais, en todo momento, chamaranos a atención a curiosa forma da rocha conglomerada que nos rodea. Cuberta por un atractivo lique verde, parece mentira que unha rocha aparentemente inestable poida facer paredes tan verticais. Un entorno verdadeiramente impresionante que nos ha facer esquecer as penurias anteriores.
Superado algo máis da metade da subida por Callejo Grande, aparece un pequeno cimbro herboso enriba e a dereita. A de tentarnos moitísimo, e aínda que nada perdemos subindo ata el, a rota correcta atravesa nesta punto horizontalmente cara a esquerda. Logo atacamos o tramo final, que resulta moi entretido, e que nos conduce a unha pequena brecha e a crista da montaña.
Aquí a recompensa por todo o noso esforzo son as espléndidas vistas do val de Pineda ós nosos pés, sucado polo xoven río Carrión, as montañas da Pernía cara ó noroeste e os Picos de Europa no norte. De golpe o sufrimento queda desprazado polo fondo pracer dunha panorámica que degustamos de forma especial debido precisamente o esforzo feito para acadar o cume.
Para chegar ó cume, solo precisamos cruzar a brecha, o cal facemos con algúns pasos de trepada, e ganamos a cara norte da montaña. Aquí atoparemos a Llana, curioso nome para a inclinada ladeira que nuns poucos minutos nos deixará no cume do Curavacas.
As panorámicas agora son tremendas, en todas direccións, non chega unha hora para adiviñar todos os cumes e aldeas que vemos ó redor.
Si non queremos volver polo mesmo camiño, unha vez no cume do Curavas, seguimos o cordal cara ao oeste. Por sendeiro evidente, imos cara ao cume oeste (2.500 m) do Curavacas baixando ao Collado Curruquilla (2.346 m). Subimos ao cume do mesmo nome (2.420 m) para baixar de novo ao cimbro do Portillo del Vés (2.225 m). seguimos cara ao pico Hoya Contina (2.394 m) collendo logo a baixada cara ao sur polo val Hoya Contina ata o Prao Hormigal (1.750 m).
Aquí comeza unha pista que pasa pola Majada de Piedrahita (1.761 m) facendo logo varias revoltas. Temos unha pista que sae pola dereita pero seguimos de fronte. Máis adiante aparece outra pista pola esquerda que sobe ao refuxio de Postil de Soña que tamén rexeitamos e agora, en cómodo camiñar chegaremos a entroncar con a pista de subida, xa moi preto de Vidrieros.