18 09 07 Pico Gilbo

 

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

GALERÍA DE FOTOS

PDF CASTELÁN

MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Riaño (León)

PUNTO DE PARTIDA: Ponte de Riaño (1.120 m)

ACCESO: Pola N – 625 Cangas de Onís - León

HORARIO: 5/6 horas                     DESNIVEL: 600 m              DISTANCIA: 8 km

DIFICULTADE: Media                   TIPO DE RUTA: Circular

COTA MÍNIMA: Ponte de Riaño (1.120 m)       COTA MÁXIMA: Gilbo (1.675 m)

MAPA: I.G.N. – 105 I – II

SINOPSE: Visto desde Riaño, non é de estrañar que chamen ao Gilbo o Cervino Leonés. Atopamos cumes moito máis altos que rozan ou superan os dous mil metros pero ningunha pode competir con esta espectacular pirámide de rocha, que se levanta maxestosa sobre as augas do encoro de Riaño.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Logo de pasar a ponte de Riaño en dirección a León temos unha pista á dereita pola que comezamos a camiñar. Bordeamos unha entrada do encoro collendo logo un camiño que sobe por un prado ata introducirse nun bosque de faias e carballos.

            Un carreiro ancho e ben marcado, condúcenos a unha fonte na zona alta do bosque e un pouco máis arriba acadaremos o cimbro de Vallarqué, onde está o valado que separa os límites de Riaño e Horcadas.

            Aguí xiramos á dereita, subindo ata o primeiro contraforte do Gilbo chegando á Pedrera, onde pasamos á súa cara oeste para subir por unha canle con forte pendente, sempre pegada a parede principal. Esta subida lévanos a outro cimbro, xa a altura do Cueto Cabrón, e seguindo a outra canle cara á esquerda, pola que subimos ó cimbro que separa os dous cumes.

            Aquí xiramos á dereita para subir ao cume principal do Gilbo (1.667 m)

            Agora baixamos polo mesmo camiño ata o primeiro contraforte, para seguir cara á esquerda por onde chegaremos a unhas minas e a un camiño máis amplo que nos levará a Las Viescas, lugar onde hai unha fonte, collendo logo o camiño que nos leva ao lugar de inicio.