18 08 15 Da Laguna Grande a Navaperal polas Cinco Lagunas

 

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

GALERÍA DE FOTOS

PDF CASTELÁN

MAPA PARA IMPRIMIR

 

 

SITUACIÓN: Serra de Gredos (Ávila)

PUNTO DE PARTIDA: Refuxio Laguna Grande de Gredos (1.945 m)

ACCESO: Desde La Plataforma polo sendeiro PR – AV - 17

HORARIO: 6/7 horas                     DESNIVEL:              DISTANCIA:

DIFICULTADE: Media       TIPO DE RUTA: Travesía

COTA MÍNIMA: Ponte de Las Cadenas (1.240 m)               

COTA MÁXIMA: Portilla del Rey (2.385 m)

MAPA: Parque Nacional de la Sierra de Gredos de Adrados

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Saímos do refuxio en dirección norte deixando o lago a nosa dereita para tomar un sendeiro labrado na rocha en dirección a un cimbro dende o cal podemos ver o Risco Negro, logo dun pequeno descanso proseguimos o camiño ata a braña do Gargantón, bo sitio para encher de auga. O sendeiro segue subindo polas ladeiras cubertas de piornos da Mogota del Cervunal ou Cabeza Nevada (2.433 m), xiramos a cada rato para dar vista o Canchal de la Gálana que fai que a longa costa sexa máis levadeira.

            Aquí mesmo, enfronte, o profundo taxo dado pola natureza a rocha e que non e outro que o Gargantón. A esquerda vemos o Cerro de los Huertos (2.472 m), o Risco Moreno (2.478 m) e o Ameal de Pablo (2.505 m).

            O sendeiro remata ó acadar a Fuente del Rey que é a antesala da Portilla del Rey (2.385 m), miradoiro privilexiado para contemplar as Cinco Lagunas, curioso tipo de val glaciar colgado, co fondo de resalte ocupado por un rosario de lagos, o Cimero e maior deles, de unha lonxitude de 300/400 m, áchase a 2.125 m e o último a 2.095 m salvando a serie ese desnivel de trinta metros en menos de 1 km. Baixamos por unha grande pedreira para chegar a segunda lagoa. Para acceder a primeira, temos que ir pola beira (orog.) dereita das lagoas. O nome das lagoas a partir da máis alta son os seguinte: Cimera, Gálana, Mediana, Brincalobitos e Bajera. Esta cubeta é un fermoso lugar, difícil de describir, con fermosas fontes e limpas e frías augas.

            O desaugue das Cinco Lagunas faise por impoñentes fervenzas, rompendo os riscos da Mogota del Cervunal ou Cabeza Nevada. Pasmos a lagoa Bajera e baixamos por unha pendente bastante pronunciada pola marxe dereita do río. As fervenzas sucédense continuamente, e así chegamos a braña de Majalascoba (1.800 m), coa súa lagoa do mesmo nome.

            O sendeiro baixa labrado na rocha, á dereita temos El Novillero (2.246 m) e á esquerda o Risco de las Hoces (2.168 m) é, un pouco máis lonxe, o Calvitero (2.154 m) que preside unha serie de pequena lagoas.

            Así chegamos a unha cabana, propiedade de ICONA no lugar coñecido como La Barranca, nós seguimos pola marxe dereita do río e o camiño vaise suavizando, estamos na Garganta del Pinar que nos vai levar ata Rollares del Soto onde conflúe coa Garganta de Gredos, o camiño a partir de agora é coñecido, seguimos ata a ponte das Ranas e xa estamos moi preto do aparcadoiro xunto ó río Tormes.