18 08 14 Puerto de Candeleda - Pico Morezón
TRAZADO DA RUTA |
MAPA PARA IMPRIMIR |
SITUACIÓN: Serra de Gredos (Ávila)
PUNTO DE PARTIDA: Refuxio da Laguna Grande de Gredos (1.945 m)
ACCESO: Desde La Plataforma polo sendeiro PR – AV - 17
HORARIO: 6/7 horas DESNIVEL: DISTANCIA:
DIFICULTADE: Media TIPO DE RUTA: Circular
COTA MÍNIMA: Refuxio (1.945 m) COTA MÁXIMA: Morezón (2.393 m)
MAPA: Parque Regional de la Sierra de Gredos de Adrados
SINOPSE: O Puerto de Candeleda, que unía Candeleda con Navalperal de Tormes, é un paso de montaña histórico e tradicional máis importante da Serra de Gredos, despois do Puerto de El Pico. Era un dos trece portos con dereito a portazgo. No século XVI foi mellorado para facilitar o paso de rabaños entre o Tietar e o Tormes, máis curto que polo Puerto de El Pico.
Desde o cume do Morezón temos unha das mellores vistas do Circo de Gredos con o refuxio e a Laguna Grande en primeiro termo e os cumes máis emblemáticos do Circo, o Almanzor, a Galana e o Ameal de Pablo.
DESCRICIÓN DA RUTA: A camiñada comeza no refuxio da Laguna Grande (1.945 m) polo camiño que vai á Plataforma. Saímos deixando o lago á nosa esquerda por camiño ben marcado facendo varios zigzags ata o alto de Los Barrerones (2.190 m).
Máis adiante pasaremos xunto á fonte de Cavadores para iniciar a baixada cara ao Prado de las Pozas. Cruzamos o río por unha ponte ata que damos vista ao pluviómetro, cara ao cal nos diriximos para seguir un pouco máis en dirección á Plataforma pero, uns 800 m antes temos que desviarnos pola dereita pola garganta de Prao Puerto, collendo o camiño do Puerto de Candeleda.
Esta garganta é unha sucesión de prados de pouca inclinación chegando así ao Puerto de Candeleda (2.029 m). Desde aquí as vistas son moi amplas podendo ver a Mira e todo o val do Tietar. Seguimos camiñando polo cordal desde o que podemos ver os Riscos del Fraile e os Riscos del Francés, antes de chegar ao Refugio del Rey (2.178 m).
Desde o refuxio sae un sendeiro en dirección oeste que sobe ao Cerro de la Cagarruta e logo, seguindo os fitos, chegamos ao Morezón (2.389 m). As vista que temos desde este cume son das mellores que podemos gozar en Gredos.
Volvemos en dirección aos Altos del Morezón para chegar a un cimbro (2.358 m) onde collemos unha pendente canle que baixa á Laguna Grande xa preto do refuxio.