18 08 13 Picos Almanzor, La Galana e Ameal de Pablo

 

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

GALERÍA DE FOTOS

PDF CASTELÁN

MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Serra de Gredos (Ávila)

PUNTO DE PARTIDA: Refuxio Laguna Grande de Gredos (1.945 m)

ACCESO: Neste caso, desde Navalperal de Tormes pola Garganta de Gredos

HORARIO: 6/7 horas                     DESNIVEL: 900 m              DISTANCIA: 9 km

DIFICULTADE: Alta                       TIPO DE RUTA: Circular

COTA MÍNIMA: Refuxio Laguna Grande (1.945 m) 

COTA MÁXIMA: Pico Almanzor (2.592m)

MAPA: Parque Regional de La Sierra de Gredos de Adrados

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Xunto á porta do refuxio temos un indicador que indica AL ALMANZOR. Collemos o carreiro que en principio condúcenos á Hoya Antón, sito onde podemos encher de auga, que non imos atopar máis arriba. Seguimos pola canle da Portilla Bermeja, onde podemos atopar, a medio camiño, un grande neveiro, xiramos en dirección oeste pola fonda canle da Portilla del Grampón, lugar soamente visible en toda a súa plenitude desde o Cuchillar de las Navajas ou cando remontamos a Portilla Bermeja. Esta canle parte o Almanzor en dúas metades cunha inclinación preto dos 45º.

            Unha vez acadada a Portilla del Grampón preséntase diante de nós un panorama único, a vertente que mira o Tietar esténdese polas abas vertixinosas, cun desnivel de 2.000 m pola Garganta Tejea ou Asperón.

            A vertente que cae a Laguna Grande, acada case a vertical, atópase formada por unha compacta muralla agretada e rota en treitos, o aspecto do granito é dunha cor entre verde e negra e o risco terminal dun ton mouro.

            Unha vez acadado o cume do Almanzor (2.592 m), logo de pasos sinxelos de (II) o panorama que nos amosa é fermoso, un balcón natural que nos permite estender a mirada ata lugares ben lexanos, con vales e gargantas profundas, miradoiros suspendidos no bacío, rochas inmensas e unha sensación de vertixe. En días claros pódese ver as dúas Castelas, Extremadura e Portugal.

            Polo oeste do Almanzor, érguese o Cuerno del Almanzor (2.538 m) que podemos acadar en pouco tempo.

            Logo de baixar do Almanzor, o noso itinerario prosegue con rumbo norte. Camiñamos en dirección á Portilla de los Cobardes (2.542 m) seguindo por carreiro claro a través do Venteadero ata a Muesca de La Galana (2.544 m). Neste lugar podemos deixar as mochilas para acometer a subida fácil da Galana (2.564 m) que solo ten un paso onde temos que prestar atención.

            De volta na Muesca de La Galana, camiñamos en dirección sur para baixar a pequena Lagunilla del Ameal desde onde se acada facilmente a base do esporón do Ameal de Pablo (2.489 m). O percorrido é lóxico e discorre pola cara sur nunha sucesión de placas e chemineas. O punto máis alto é o Yunque pero de difícil subida e peor baixada polo que iremos á Punta Central, un pouco máis baixa pero con inmellorables vistas.

            O camiño de volta facémolo ata a Lagunilla del Ameal e nunha travesía cara ao leste entroncamos con a Canal de los Geógrafos pola que baixamos directamente ao refuxio.