12 09 08 Pic d´Amitges (Espot) Lleida

VER PUNTO DE SAÍDA VER TRAZADO DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELÁN

(La Bonaigua – Vall de Gerber – Refuxio Mataró – Pic d´Amitges)

 

SITUACIÓN: Parque Nacional de Aigüestortes y Estany de Sant Maurici

PUNTO DE PARTIDA: Porto de La Bonaigua (1,900 m), xunto ao telesilla de La Peülla

ACCESO: Dende Vielha pola estrada C – 1412 que vai a Sort.                                  

HORARIO: 7/8 horas            DESNIVEL: 1.100 m                     DISTANCIA: 16 km            

DIFICULTADE: Media            TIPO DE RUTA: Ida e volta            MAPA: I.G.N. – 181 – I – Estany de Sant Maurici – Els Encantats de Alpina

DESCRICIÓN DA RUTA: Comezamos a camiñada polo fermoso Val de Gerber seguindo as marcas de GR que nos indican ao refuxio de Mataró. O camiño ata os lagos é moi cómodo e transitado entrando na periferia do Parque onde cambian as marcas polas propias do Parque.

            Chegamos ao Estany Gerber (2.185 m) seguindo un camiño evidente que nos leva, en pouco tempo, ata o refuxio Mataró(2.476 m). O camiño pasa entre o refuxio e o Estany Gelat ou de L´Illa tomando rumbo cara ao oeste onde temos o cimbro de Estahn Gelat. Aquí o camiño bifúrcase. Pola dereita o sendeiro vai ao refuxio de Saboredo e pola esquerda lévanos ao Coll d´Amitges (2.760 m) que é a onde nos diriximos. Dende este lugar podemos ollar unha boa parte do Parque Nacional, tendo á nosa dereita o Tuc de Saboredo (2.829 m) e á esquerda o Pic d´Amitges (2.848 m).

            Seguimos agora deixando á esquerda un promontorio para chegar ao cume sen maiores problemas.

            As vistas dende este cume son sinxelamente impresionantes. Logo de descansar un anaco emprendemos o camiño de volta que o faremos polo mesmo sitio que subimos.