18 08 12 De Navalperal de Tormes á Laguna Grande de Gredos
TRAZADO DA RUTA |
MAPA PARA IMPRIMIR |
SITUACIÓN: Serra de Gredos (Ávila)
PUNTO DE PARTIDA: Ponte de Las Cadenas (Navalperal de Tormes)
ACCESO: Dende o Barco de Ávila pola AV - 941
HORARIO: 6/7 horas DESNIVEL: 640 m DISTANCIA: 15,5 km
DIFICULTADE: Media TIPO DE RUTA: Travesía
COTA MÍNIMA: Ponte de Las Cadenas (1.240 m)
COTA MÁXIMA: Refuxio Laguna Grande de Gredos (1.945 m)
MAPA: Parque Nacional de la Sierra de Gredos de Adrados
DESCRICIÓN DA RUTA: Partindo de Navalperal cruzamos o río Tormes por unha ponte de ferro de Las Cadenas e seguimos á dereita por unha pista forestal que subindo nos vai levar a unha antiga braña de cabras dende a cal xa podemos ver a ancha Garganta de Gredos. Cruzamos por outra ponte metálica chamada de Gredos ou das Ranas e seguimos pola pista, agora a esquerda, ata acadar os Rollares del Soto, que é un paradisíaco lugar onde se xunta a Garganta de Gredos e a de Pinar.
Seguimos o camiño pola marxe esquerda (orog.) da Garganta de Gredos, temos a dereita o Cerro de las Peñas para chegar as brañas de Labraillos. Vamos camiñando agora por unha grande amplitude, xa que a garganta vaise abrindo como veremos cando cheguemos a ponte de Roncesvalles.
A nosa esquerda aparece a garganta de Pozas, pero nesta confluencia, nós seguimos de fronte, tendo a nosa dereita a Cuerda de las Chorreras e a esquerda a Cuerda del Cuento e así chegamos ó lugar coñecido como Navazuela.
Logo no camiño pasamos por Pinarejos, lugar recoñecible, xa que existen as ruínas dunha estación de aforo mandada facer a comezos do século XX polo enxeñeiro Sr. Azarola, pensando nun complexo hidroeléctrico, sorte que non se levou a cabo.
Á esquerda asoman os impoñentes barrancos dos Barrerones, pola dereita desauga a Hoya Nevada Bajera. Ímonos aproximando a cabeceira do val glaciar da Garganta de Gredos e a abrupta topografía da serra mostra a pegada da extinguida dinámica glaciar. A cabeceira deste val xeado foi invadida polos xeos, acadando unha lonxitude aproximada de 4,5 Km.
Chegamos os Callejones, onde tributa pola esquerda (orog.) o Gargantón. Nós damos vista a Peña del Rayo, o camiño aquí é máis duro, dando a impresión as veces que nunca chegaremos a desexada Laguna de Gredos, a cal damos vista, logo, despois de seis horas de camiñada.