18 10 21 Porto de Dobres

 

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

GALERÍA DE FOTOS

PDF CASTELÁN

MAPA PARA IMPRIMIR

 

(Travesía do porto de Panderruedas a Oseja de Sajambre por Vegabaño)

 

SITUACIÓN: Valdeón e Sajambre (León)

PUNTO DE PARTIDA: Porto de Panderruedas (1.450 m)

ACCESO: Desde C. de Onís pola estrada que sobe ao porto de El Pontón. Pouco despois de pasar este temos unha bifurcación onde collemos á esquerda cara  a Posada de Valdeón

HORARIO: 5/6 horas                     DESNIVEL:  450 m de  subida / 1.100 m de baixada

DISTANCIA: 18 km                         DIFICULTADE: Media       TIPO DE RUTA: Travesía

COTA MÍNIMA: Oseja (740 m)     COTA MÁXIMA: Collada Blanca (1.756 m)

MAPA: I.G.N. – 80 – I – II (Macizo Occidental de los Picos de Europa de Adrados)

SINOPSE:

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Saímos da área recreativa do porto de Panderruedas en dirección norte alcanzando en poucos minutos o miradoiro de Piedrashitas. Desde o mesmo miradoiro parte un bo camiño que cruza horizontalmente a ladeira leste do pico de La Rocha dirixíndose cara a un fermoso cimbro visible fronte ao miradoiro. Seguimos o sendeiro ata ese cimbro e logo cara a outro máis alto, Collado Viejo (1.638 m) situado no cume do cordal.

O camiño discorre agora outra vez en dirección norte subindo a Collada Blanca (1.756 m), situada entre Peña Blanca e a Cerra de Dobres, despois de haber flanqueado polo oeste a Cerra del Centenal e o pico Guadañas. Desde aquí contemplamos aos nosos pés o Porto de Dobres.

Baixamos cara ao Porto de Dobres (1.543 m) para chegar a un cruce de sendeiros. Collemos o da esquerda, en dirección Vegabaño, fermosa pradería na que se levanta un refuxio.

Saímos de Vegabaño polo noroeste, collendo a ancha pista que baixa a Soto de Sajambre. Seguimos un bo treito esta pista ata o miradoiro de Los Porros, onde a abandonamos pola esquerda collendo o camiño que baixa a Las Sienras entroncando máis abaixo, no Porrachín, con o Viejo Camino de Valdeón que ven de Soto a Oseja.