18 10 20 Pico Gildar

 

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

GARLERÍA DE FOTOS

PDF CASTELÁN

MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Valdeón (León)

PUNTO DE PARTIDA: Porto de Panderruedas (1.450 m)

ACCESO: Desde C. de Onís pola estrada que sobe ao porto de El Pontón. Pouco despois de pasar este temos unha bifurcación onde collemos á esquerda cara  a Posada de Valdeón.

HORARIO: 6 horas             DESNIVEL:  650 m de subida / 1.140 de baixada

DISTANCIA: 19 km             DIFICULTADE:  Media      TIPO DE RUTA: Travesía

COTA MÍNIMA: Posada de Valdeón (940 m)  COTA MÁXIMA: Pico Gildar (2.078 m)

MAPA: I.G.N.- 80 – II

SINOPSE:

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Comeza esta camiñada na área recreativa situada no porto de Panderruedas (1.450 m). Para iso remontamos unha suave lomba que sobe cara ao sur aproveitando un vello camiño que se mete nun espeso bosque de faias. De seguida atopamos unha bifurcación na que seguimos polo ramal da esquerda chegando enseguida a un cimbro situado nun claro do bosque no que parten tres camiños en distintas direccións. Aquí collemos a do medio que segue pola mesma lomba transformándose a partir deste lugar nun carreiro cada vez menos marcado.

            Logo da zona chan, a pendente da lomba acentúase pasando o carreiro ó seu flanco dereito, por onde ganamos altura ata situarnos sobre o fío da lomba. Ó chegar a este punto deixamos o bosque para entrar nunha zona de mato de breixos e xestas. Abaixo e á dereita podemos ver o val de Iglesias mentres subimos zigzagueando ata un cimbro situado no remate da lomba. Estamos no Collado de Sotres (1.725 m) desde o que temos boas vistas do Circo de Frañana, lugar do nacemento do famoso río Cares, con unha cabana ao fondo e o Gildar xusto enfronte formando cimbro con a Peña Cebolleda de aspecto máis agresivo que o Gildar. Desde aquí non hai perda, seguimos sempre polo pico da lomba cara a Peña Cebolleda.

            Chegamos ao cimbro noroeste (1.830 m) de Cebolleda onde se nos presentan dúas posibilidades de seguir ata o Gildar. Iremos pola máis fácil que consiste en perder algúns metros de altura baixando cara ao circo para subir logo ao cimbro (1.993 m) situado entre o Gildar e Peña Cebolleda, evitando desta forma a opción máis comprometida de subir a Peña Cebolleda e facer todo o seu cristeirío, con paso perigosos para quen non estea acostumado ao baleiro.

            Desde o cimbro antes dito, subimos ao Gildar sen ningunha dificultade, seguindo a lomba que perde inclinación ao chegar arriba.

            Desde este cume, temos unha magnífica vista do Valle de Valdeón así como dos Macizos Central e Occidental dos Picos de Europa.

            Agora baixamos en dirección norte ata a Horcada del Cable (1.880 m) por terreo de grandes bloques de pedra onde temos que por atención. Temos agora unha travesía cara ao oeste para buscar a cabeceira do rego de Cable baixando por praderías e bosque seguindo o val deste rego.

            Máis abaixo chegamos á pista que ven do porto de Panderruedas (1.290 m) tendo que seguila sen coller ningún desvío todo en baixada ata Posada de Valdeón (940 m)