12 09 06 Els Encantats (Espots) Lleida

 

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERIA DE FOTOS PDF EN CASTELÁN

Els Encantats

 

SITUACIÓN: Parque Nacional de Aigüestotes y Estany de Sant Maurici

PUNTO DE PARTIDA: Espot (1.310 m)

ACCESO: Dende a estrada que vai de Vielha a Sort, a altura do encoro de La Torrassa, preto da presa sae un ramal á dereita que vai a Spot. Pasamos esta poboación uns cinco quilómetros onde se atopa Prat de Pierró con caseta de información do Parque.                                 

HORARIO: 7/8 horas                    DESNIVEL:  1.440 m                                    DISTANCIA:                        

DIFICULTADE: Media            TIPO DE RUTA: Ida e volta            MAPAS: I.G.N. 181 – I – Alpina: Estany de Sant Maurici – Els Encantats.

DESCRICIÓN DA RUTA: Comezamos a camiñada deixando a barreira á nosa esquerda para internarnos nun espeso bosque por un camiño que con suave subida nos leva pola dereita do río. O camiño está sinalizado con as marcas de GR – 11 pasando pola ponte de Pallers, logo da cal, o camiño apártase do río seguindo preto da pista. Altérnanse claros con arboradas ata que ao final, o camiño segue pola pìsta ata o mesmo lago deixándonos definitivamente diante do refuxio Ernest Mallafré (1.893 m) en pouco máis de hora e media de camiñada.

            Dende a presa podemos ver o encoro é tamén os maxestosos cumes de Els Encantats.

            Dende o mesmo refuxio sae un sendeiro que sobe pola parte dereita do Barranco de Monestero. O camiño cruza por unha ponte de madeira un regato para chegar máis tarde a unha bifurcación no val de La Valleta Seca. De fronte iríamos cara ao Pic de Monestero, máis desviámonos cara á esquerda para subir cara a unha canle, situada na parte suroeste do macizo.

            Comezamos a subida pola canle pedregosa e bastante descomposta tendo coidado de non tirar pedras. Así acadamos a unha zona onde atopamos unha serie de rochas de maior tamaño, estreitándose a canle a medica que ganamos altura, tendo no seu remate un escollo fácil de superar.

            Así chegamos ao Collado dels Encantats (2.584 m)  despois de tres horas netas de camiñada.

            Xiramos de novo á esquerda para superar un resalte fácil de pasar pero bastante vertical. A continuación temos unha aresta herbosa que chega ata a mesma base da Gran Encantat.

            Unha serie de fitos sinalan o camiño a seguir, tendo que coidado ao progresar por este lugar. Seguindo as marcas temos fáciles trepadas e atravesando unha pequena cornixa chegamos a outra vertical aresta onde existe unha cinta para poder rapelar na baixada.

            Seguindo os fitos suavízase a pendente e en pouco tempo chegamos ao cume da Gran Encantat (2.748 m).

            Temos ao leste o pico Petit Encantat para o que a subida parece difícil.

De volta, baixamos con coidado seguindo o camiño de subida.