18 03 31 De Castro de Alcañices a Villadepera

 

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

GALERÍA DE FOTOS

PDF CASTELÁN

MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Concellos de Fonfria, Pino del Oro e Villadepera (Zamora)

PUNTO DE PARTIDA: Castro de Alcañices

ACCESO: Desde Miranda do Douro pola

 

HORARIO: 5/6 horas                     DESNIVEL: 650 m              DISTANCIA: 26 km

DIFICULTADE: Media                   TIPO DE RUTA: Travesía

COTA MÍNIMA: Embarcadoiro de Pino del Oro (570 m)       COTA MÁXIMA: Moralina (760 m)

MAPAS: I.G.N. – 368 – III – 396 – I

SINOPSE: O Parque Natural das Arribes do Douro está formado por uns impresionantes canóns formados hai cen millóns de anos seguindo a canle do río Douro, facendo fronteira entre España e Portugal. O Parque ten máis de 106.000 hectáreas, nas que se inclúen sesenta e oito localidades das provincias de Zamora e Salamanca e da comarca portuguesa de Terras de Miranda.

            A Ponte de Requejo é unha obra de enxeñería española construído para salvar o río Douro ó seu paso polos concellos e Pino del Oro e Villadepera, na provincia de Zamora. A construción desta ponte supuxo unha mellora de comunicación entre as comarcas zamoranas de Sayago e Aliste.

            Antes, a única vía de comunicación entre estes territorios consistía nunha barca que navegaba entre Pino e Villadepera.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Comezamos a camiñada na localidade de Moralina saíndo as aforas do lugar camiño de Requejo para enlazar con o GR – 14, Ruta do Douro que ven de Moral de Sayago. Imos cara ao norte, paralelos ao río Douro, atravesando regos por varias pontes e podendo apreciar os restos de antigos muíños. Polo GR – 14, ben sinalizado chegamos as aforas de Villadepera, localidade que deixamos á nosa esquerda, para seguir en dirección oeste ata preto do Douro, o que seguimos facendo unha grande volta, agora cara ao leste, cruzamos outro regato onde existe un muíño para ir en busca da fermosa ponte de Requejo.

            Cruzamos o Douro por esta ponte e, do outro lado, collemos un camiño á esquerda que nos leva pola marxe dereita do río. Pasamos xunto as ruínas dunha capela e o antigo embarcadoiro para subir unha forte pendente que nos leva a o plano superior. Unha vez arriba, desviámonos uns metros para ver unha fervenza e, logo de volta, seguimos o regato de Prado Concejo polo chamado Camino de la Barca.

            Preto de Pino del Oro, collemos á esquerda para seguir agora o PR Pino del Oro Castro de Alcañices. O sendeiro vai ao nordeste ata o encoro de abastecemento de auga de Pino, xirando logo ao oeste.

            No camiño existen os restos dunhas minas romanas de ouro, e máis adiante, entroncamos coa pista que nos leva a Castro de Alcañices.