18 03 30 Miranda do Douro - Sâo Joào das Arribas - Miranda do Douro
MAPA PARA IMPRIMIR |
SITUACIÓN: Miranda do Douro (Bragança) Portugal
PUNTO DE PARTIDA: Miranda do Douro (600 m)
ACCESO: Desde Zamora pola N – 122 ata Ricobayo onde collemos a ZA – 324 con dirección a Portugal, que nos leva a Miranda do Douro.
HORARIO: 5/6 horas DESNIVEL: 360 m DISTANCIA: 20 km
DIFICULTADE: Media TIPO DE RUTA: Circular
COTA MÍNIMA: Miranda do Douro (600 m) COTA MÁXIMA: Cimo da Quinta (775 m)
MAPA:
SINOPSE: Este pasa por ser o único sendeiro sinalizado en Miranda do Douro; na oficina de turismo recomendan facer el regreso por o mesmo tramo do Vale de Águia e non usar o tramo por Pena Branca. A sinalización (franxas vermellas e marelas) é deficiente en todo o recorrido aínda que é difícil perderse.
DESCRICIÓN DA RUTA: Saímos xunto á oficina de turismo seguindo pola rúa de enfronte, Rúa 25 de Abril, e a súa prolongación ata que remata nunha pista de terra.
A partir de aquí percorreremos unha paisaxe de oliveiras, hortos e viñedos ata chegar ao castro de Vale de Águia logo de andar uns dous quilómetros e medio. Ben merece a pena parar un anaco neste sitio e baixar un pouco para, desde un miradoiro natural, contemplar un recóbado que fai o río Douro xirando case 180º para salvar un promontorio de granito.
Seguindo o camiño vemos unha vexetación de freixos en torno a ribeira dos muíños chegando de seguida á aldea de Vale de Águia. Agora temos un tramo de estrada asfaltada ata a seguinte poboación de Aldeia Nova.
Desde este último lugar facemos unha baixada ata o entorno de Sâo Joâo das Arribas onde atoparemos unha capela, un castro e unhas vistas impresionantes sobre o Canón do Douro.
Subimos de novo a Aldeia Nova e fronte a igrexa collemos un camiño que nos leva a Pena Branca e desde aquí de volta a Miranda polo val do río Fresno que cruzaremos dúas veces antes de entrar en Miranda do Douro.