18 01 20 Rota da Pedra e da Auga

 

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

GALERÍA DE FOTOS

PDF CASTELÁN

MAPA PARA IMPRIMIR

 

 

SITUACIÓN: Guitiriz (Lugo)

PUNTO DE PARTIDA: A 3 quilómetros desde Baamonde, pola N – VI en dirección a Coruña.

ACCESO: En Baamonde coller a N – VI en dirección a Coruña

HORARIO: 5/6 horas                     DESNIVEL: 120 m              DISTANCIA: 19 km

DIFICULTADE: Baixa                    TIPO DE RUTA: Travesía

COTA MÍNIMA: Ponte de Santo Alberte (410 m)        COTA MÁXIMA: O Pazo (490 m)

MAPAS: I.G.N. - 46 – IV – 47 – III – 71 – II 72 - I

SINOPSE: A Rota da Auga de Guitiriz é un percorrido sen desniveis que, á beira dos ríos Parga e Ladroil, recorre o verde camiño que se estende desde a ponte de Santo Alberte ata a carballeira de Pardiñas.

            O lugares, historia e construcións, fan deste camiño un itinerario moi recomendable: as pontes de Santo Alberte no Camiño Xacobeo do Norte, a ponte de Pitero, as de Parga, Ferreira, Montemeá e Moeiro; multitude de muíños; a área de ocio de Sete Muíños; a antiga mansión romana de Caranicum; o Castelo e a Feira de Parga: as igrexas, capelas e a curiosa mesquita de Guitiriz.

            A demais de todo isto, o sendeiro une as tres fontes de augas curativas máis importantes: Valdobín, San Xoán de Lagostelle e o Balneario de Guitiriz, a tranquila fonte de Santo Domingo xunto á carballeira de Pardiñas.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Partimos da N – IV cruzando a vía do tren e o río Parga pola ponte de Santo Alberte, na parroquia de Sambreixo, onde destaca a ponte romana e a ermida de Santo Alberte, unha fermosa capela gótica moi ben conservada, logo da cal o camiño intérnase no bosque paralelo a canle do río.

            O primeiro tramo da ruta que vai dende San Alberte a Valdovín ten unha lonxitude de 4,65 km, destacando pola súa frondosa vexetación de ribeira, a fermosura do leito da auga e os pequenos núcleos de poboación de Piteiros e Prado, ata chegar á fonte de Valdovín onde existe unha área recreativa con merendeiro.

            Logo dun quilómetro e medio temos unha pequena subida para cruzar en dirección norte a vía do tren, e camiñar agora pola marxe esquerda do río. Así chegamos a Parga pasando xunto ao seu club fluvial e unha área recreativa no medio dunha carballeira. A ruta continua ata a confluencia do ríoo Parga e Ladroil cruzando a ponte de Montemeá e logo de camiñar 7,7 km chegamos a outro dos puntos emblemáticos de Guitiriz: a Fonte Dos Santos ou de San Xoán preto do balneario de Guitiriz, pasado tamén pola área recreativa de Langostelle, xunto ao encoro que abastece a localidade de Guitiriz

            Logo de deixar o balneario de Guitiriz, imos cara á área recreativa de Sete Muíños chegando pouco máis tarde xunto á fonte de Santo Domingo no entorno do balneario de Pardiñas e debaixo dunha carballeira.