12 09 07 Punta Alta de Comalesbienes (Vall de Boi) Lleida

VER PUNTO DE SAÍDA VER TRAZADO DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELÁN


(Encoro de Cavallers – Barranco de Comalesbienes – La Raconada – refuxio de Ventosa i Calvell – Barranco de les Llastres – Encoro de Cavallers

 

SITUACIÓN: Parque Nacional de Aigüestortes y Estnay de Sant Maurici 

PUNTO DE PARTIDA: Encoro de Cavallers (1.760 m)

ACCESO: Dende Caldes de Boí pola pista que sobe ao encoro de Cavallers.                 

HORARIO: 8/9 horas                    DESNIVEL ACUMULADO: 1.450 m                   

DIFICULTADE: Alta             TIPO DE RUTA: Circular            MAPA: I.G.N. 181 – I

SINOPSE: A Punta Alta de Comalesbienes é un 3.000 solitario, á sombra dos seus irmáns maiores, Besiberri e Comaloforno que se converte nunha boa alternativa escapando de aglomeracións de xente. Por certo, que mirando cara atrás, estes picos acompañarannos en boa parte da subida.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Na derradeira curva antes da presa collemos un camiño que sae á nosa dereita en dirección leste. Logo dunhas cantas revoltas entramos nunha empinada canle onde, nas súa metade, temos un paso que sorteamos sen dificultade.

            O camiño vai entre piñeiros ata que desaparecen as árbores e o bo sendeiro tendo agoara que enfrontarnos a un tremendo pedregal, que non nos abandonará ata o mesmo cume.

            Chegamos a ver os Estanys de Comalesbienes, que deixamos á nosa dereita, seguindo un camiño de incómoda pedreira onde existen algúns fitos. Imos xirando á nosa esquerda para acometer a subida pola base do Pic de Comalesbienes enfrontándonos a unha canle que nos levará ata un cimbro (2.993 m) preto do cume.

            O camiño é traballoso, obrigándonos a ir paseniñamente, buscando sempre os mellores pasos para progresar sen despistarse para nada das nosas pegadas.

            Dende o cimbro accedemos facilmente ao Pic de Comalesbienes (2.997 m) seguindo os fitos e sorteando algún paso sen moita complicación.

            Unha vez no cume, amósasenos unha vista indescritible cara a todas direccións do Parque que posúe uns douscentos lagos.

            Proseguimos en dirección norte ata a Punta Alta de Comalesbienes (3.019 m) dende a cal comezamos a baixada por zona de grandes bloques que sorteamos sen dificultade ata un cimbro na cota de 2.795 m que separa a Punta Alta de Cap Brau. Seguimos a baixada pola zona de La Raconada e o Val de Colieto.

             A partir de aquí, collemos rumbo nordeste seguindo os innumerables fitos que nos acompañan. Pasamos xunto ao Estany de la Roca ata sendeiro sinalado como Carros de Foc. Unha vez neste sendeiro vamos en dirección noroeste pasando xunto ao Estany de Colieto para chegar ao refuxio de Ventosa i Calvell.

            Dende o refuxio collemos un sendeiro que deixa á nosa esquerda o Estany Negre baixando a través do Barranco de les Llastres ata que divisamos o encoro de Cavallers. O sendeiro segue deixando o encoro á nosa dereita ata a presa onde remata esta esforzada camiñada.