17 07 23 Valle de Añisclo (S. Úrbez - Fon Blanca - Góriz)
TRAZADO DA RUTA |
MAPA PARA IMPRIMIR |
SITUACIÓN: Parque Nacional de Ordesa y Monte Perdido (Huesca)
PUNTO DE PARTIDA: San Úrbez (980 m)
ACCESO: A San Úrbez chégase desde Torla pola estrada N - 260 ata Sarvisé. Aquí collemos a estrada HU . 631 que pasa por Fanlo ata San Úrbez. (29 km)
HORARIO: 7/8 horas DESNIVEL: 1.660 m DISTANCIA: 19 km
DIFICULTADE: Alta TIPO DE RUTA: Travesía en ascenso
COTA MÍNIMA: San Úrbez (980 m) COTA MÁXIMA: Collado de Góriz (2.343 m)
MAPA: Parque Nacional de Ordesa y Monte Perdido de Alpina
SINOPSE: Percorrido esixente pero fermoso nun ambiente de natureza polo canón de Añisclo. Seguindo a canle do río Bellós no medio dunha vexetación exuberante, por un camiño ben acondicionado sen dificultades salvo o desnivel a superar.
DESCRICIÓN DA RUTA: Desde o aparcadoiro, cara ao noroeste ten interese achegarse a un antigo muíño, lugar de reunión das aldeas do val, moi preto da cova de Aso ou dos Mouros.
Desde a ponte, a cova e a ermida de San Úrbez, cara ao norte sae a pista cara á ponte Sangón. Cruzamos á beira dereita pasando en seguida o sendeiro que pola esquerda vai a Sercué. A pista segue paralela ao río durante un largo tramo separándose nun amplo percorrido cara á esquerda para, en dúas largas diagonais gañar a altura dun grande resalte. Desde o mesmo recóbado, á dereita sae unha derivación que vai a unha fervenza no Barranco de Cavalls.
Por unha costa ladeira e unha cornixa polo medio dun magnífico bosque de faias chegamos a Ripareta (1.420 m, 2 h 15 m), na confluencia con o Barranco Pardina, case a nivel do río, con praderías que invitan a facer unha parada. Á man esquerda, pola beira esquerda do barranco sobe un sendeiro ata a zona alta da Pardina e o refuxio de Cuello Arenas.
Camiñamos polo camiño, escondido entre a densa vexetación, pola beira dereita ata a confluencia con o Barranco de Capradiza onde merece a pena achegarnos ata o seu espectacular resalte final. Uns metros máis arriba, ben marcado, segue o camiño que por Capradiza sobe as cornixas occidentais de Añisclo. Chégase pola pasarela que cruza o río Bellós que nos conduce á beira esquerda. Case de inmediato sae á dereita un carreiro que sobe as alturas de San Vicenda e Cuello de Viceto.
Seguimos pola beira esquerda ata o lugar de Fon Blanca. Atrás quedan os Estrechos e a paraxe cambia, abríndose en praderías con escasa vexetación arbórea onde temos unha cabana e un curioso refuxio de pedra. (1.700 m, 4 h)
Vemos con claridade a xurdinte Fon Blanca saíndo das paredes de rocha, cruzamos a pasarela para coller un camiño en ascenso cara ao noroeste pola beira dereita do río Bellós. Este camiño é unha variante do GR – 11, diríxese á zona inferior da Fon Blanca para en amplas diagonais sobre rocha salvar o desnivel das derradeiras fervenzas do Barranco de Arrablo no medio dunha paisaxe de enormes cantís.
O sendeiro, ben marcado, segue en dirección oeste, cruza a torrenteira e pasa á beira dereita por un fermoso recuncho, augas arriba. Sen dificultades o carreiro vai gañando altura ata o último resalte.
Seguimos en dirección noroeste para gañar o Collado Superior de Góriz ou de Arrablo (2.343 m, 6 h). Seguimos as marcas do GR agora todo en baixada ata o refuxio de Góriz (2.195 m).