17 05 20 Torrestío - Braña La Mesa - S. Salvador

 

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

Ruta normal

Ruta polos Bígaros

GALERÍA DE FOTOS

PDF CASTELÁN

MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: San Emiliano (León) Somiedo e Teverga (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Torrestío (1.370 m)

ACCESO: Desde Trubia pola estrada AS – 228 ata o porto de Ventana. Desde aquí pasa a ser a LE – 481 pola que seguimos ata o indicador de Torrestío que segue pola LE – CV 771.

HORARIO: 5/6 horas                        DESNIVEL: De subida (550 m) de baixada (1.200 m)                  

DISTANCIA: 17,3 km                       DIFICULTADE: Media          TIPO DE RUTA: Travesía

COTA MÍNIMA: San Salvador (560 m)      COTA MÁXIMA: Collada El Muñón (1.785 m)

MAPAS: I.G.N. – 77 – I – III

SINOPSE: O Camín Real del Puerto de la Mesa é un camiño baseado na antiga calzada romana que unía Asturias con León. Crese que esta calzada foi feita sobre outra máis antiga que existía desde tempos primixenios e que era utilizada polos poboadores da zona. Os romanos incluíron esta calzada dentro do tramo denominado Ruta de la Plata. En séculos posteriores pasou a formar parte da ruta dos peregrinos cara a Compostela.

            O xefe bereber Munuza, logo de ser derrotado na Batalla de Covadonga por D. Pelaio, intentou saír de Asturias cara á Meseta por este porto.

           

DESCRICIÓN DA RUTA: Comezamos a andaina na aldea leonesa de Torrestío (1.370 m). Ao final do lugar sae unha pista, pola dereita sinalizada, que sobe cara ao Puerto de La Mesa. Esta é a subida máis importante do día que durante uns catro quilómetros e medio e 450 m de desnivel nos levará ata a Collada El Muñón (1.785 m) e a Vega el Muñón, xa en territorio asturiano.

            A partir de aquí, comeza unha maina baixada polos Puertos de la Mesa, na que poderemos gozar da paisaxe e dunha das braña máis fermosas de Asturias: a Braña La Mesa (1.665 m).

            Un pouco antes da Collada El Muñón, preséntasenos a opción dunha variante que sobe ao cordal de Los Bígaros. Para iso xiramos ao suroeste superando as abas que veñen da cimeira e así acadar o cume (2.045 m). Seguimos polo cimbro en dirección noroeste cara ao pico Muñón (2.036 m). Desde este cume amósanse fermosas panorámicas cara aos catro puntos cardinais. Seguimos para baixar á lagoa de Llau, situada nunha plataforma intermedia e desde alí baixamos á braña de La Mesa. Nesta opción haberá que engadir uns catro quilómetros de percorrido un desnivel de 535 m de subida e 607 metros de baixada ao percorrido normal.

            Na braña de La Mesa, abandonamos o Camiño da Mesa para seguir polo Collado Aguil (1.748 m) e comezar a baixada cara a braña de Torce, que tamén conserva algunha cabana. O sendeiro convértese en camiño de pedra baixando entre rochas e piornos polas paraxes de Trasmabedules. Logo de cruzar un bidueiral chegamos a Las Segadas e desde aquí a Pasu Malu, un camiño que baixa vertixinosamente ata a canle do río, no val de La Cundia Negra. O camiño aquí, conserva o empedrado orixinal case todo o recorrido ata enlazar coa pista de terra que nos leva a Torce (830 m), onde temos unha fonte con lavadoiro e unha igrexa con o seu teixo.

            En Torce comeza a pista asfaltada que temos que seguir en dirección Barrio (750 m). Logo de pasar esa aldea temos unha bifurcación onde seguimos pola dereita quedándonos aproximadamente tres quilómetros a San Salvador de Alesga onde remata esta travesía.