17 07 24 Refuxio de Góriz - Brecha de Rolando - Taillón
TRAZADO DA RUTA |
MAPA PARA IMPRIMIR |
SITUACIÓN: Parque Nacional de Ordesa y Monte Perdido (Huesca)
PUNTO DE PARTIDA: Refuxio de Góriz (2.195 m)
ACCESO: Dende a Pradera de Ordesa (de 4 a 5 horas)
HORARIO: 8/9 horas DESNIVEL: 1.150 m DISTANCIA: 17 km
DIFICULTADE: Media TIPO DE RUTA: Ida e volta
COTA MÍNIMA: Ref. de Góriz (2.195 m) COTA MÁXIMA: El Taillón (3.144 m)
MAPA: Valle de Ordesa – Monte Perdido 1:25.000 de Alpina
SINOPSE: Ruta fácil de sendeirismo de alta montaña. O paso de Los Sarrios, aéreo pero moi fácil, está equipado con unha cadea. O Taillón é un tresmil fácil.
DESCRICIÓN DA RUTA: Saímos de Góriz en dirección noroeste atravesando o barranco de Góriz, logo dun pequeno tramo empinado camiñamos en chan deixando o circo de Góriz á esquerda, pasando por unha zona coñecida como a Faja Luenga. Por dito sitio chegamos a unha depresión anegada volvendo a subir ata chegar a unha característica zona con moitas pedras planas de pequeno tamaño. É o Cuello de Millaris que da paso a un chan coñecido como La Plana de San Ferlús.
Logo de rodear La Plana de San Ferlús pola dereita, collemos un sendeiro con suave pendente na súa primeira parte e máis costo despois. Trepamos un tramo deixando á nosa esquerda o Collado del Descargador, podendo ver xa a Brecha de Rolando. Uns metros máis arriba temos a Gruta Helada de Casteret, descuberta no 1926 por Norberto Casteret. A cova está protexida e o seu acceso está prohibido.
Despois de pasar a gruta e atravesar varios neveiros chegamos ao paso de Los Sarrios, onde existe unha cadea para asegurar o camiño. Logo subimos ata a Brecha, un cortado na rocha de uns 40 metros de ancho por 100 de alto. Desde aquí o camiño diríxese ao refuxio francés de Sarradets.
Nós seguimos pola vertente española ata a Falsa Brecha, rodeando o Dedo e subindo ao Taillón (3.144 m) por unha zona de pedra pero con sendeiro ben marcado. Desde o cume temos unha boa vista o macizo de Monte Perdido polo este e o Vignemale polo oeste.
A volta podemos facela polo mesmo camiño ou ben por unha ruta máis larga desde o paso de Los Sarrios continuar seguindo os fitos que flanquean o Casco e a Torre en dirección á base de Marboré, para logo desde aquí baixar a Góriz seguindo a Faja Roya.