17 10 21 Las Torres - Brañagallones

 

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

GALERÍA DE FOTOS

PDF CASTELÁN

MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Parque Natural de Redes (Caso) Asturias

PUNTO DE PARTIDA: Las Torres (940 m)

ACCESO: Pola estrada AS – 17 que sobe ao porto de Tarna. Uns tres quilómetros antes de Tarna, no lugar coñecido como Las Torres, un camiño sae pola dereita que baixa ao río Nalón.

HORARIO: 5/6 horas                     DESNIVÉIS: 850 m de subida / 450 m de baixada     

DISTANCIA: 14 km                  DIFICULTADE: Media       TIPO DE RUTA: Travesía

COTA MÍNIMA: Ponte El Campón  (840 m)   COTA MÁXIMA: Collado Arenas (1.690 m)

MAPA: I.G.N. – 79 – II

SINOPSEDesde o 20 de setembro de 2001, o Parque Natural de Redes pasou a ser declarado Reserva da Biosfera pola UNESCO. Os bosques de Redes son de gran beleza e dos poucos que aínda non foron degradados pola man do home.  

 

 

DESCRICIÓN DA RUTA: A ruta comeza na estrada de Tarna, collendo un camiño que baixa directamente a cunca do río Nalón. Chegado a este, cruzamos pola ponte El Campón á outra beira pola cal camiñamos uns metros, río arriba, ata que atopamos un pontigo feito cuns troncos de árbores, ponte de Enmedio. Pasamos de novo á outra beira e seguimos río arriba ata outra ponte de máis envergadura, a ponte Corral pola cal atravesamos de novo a canle do Nalón comezando de seguida a subida por unha pista que seguimos sen desviarnos en ningún ramal para chegar a primeira braña do día, a Ablanosa.

            Pasamos xunto á fonte cruzando a braña horizontalmente para seguir polo amplo camiño que pasa a carón da braña Carrascosa. Pouco despois temos un desvío pola dereita cun indicador que pon A la Vega, xusto antes da braña de La Muezca.

O camiño agora convértese nun sendeiro que transita pola faldra do monte Fabucau, podendo oír, un pouco máis abaixo, o murmurio do rego que baixa da Vega Pociellu. A fermosura do bosque fai que o noso andar sexa máis quedo, gozando así do entorno que temos presente.

            Sen máis complicacións, de repente, ábrese o bosque e aparece diante de nos a non menos fermosa Vega Pociellu; ampla pradería que posúe algunhas cabanas. Logo da correspondente parada, saímos do medio da braña en dirección noroeste por un carreiro que nos interna no bosque Fabucao. Despois de percorrer uns oitocentos metros temos que xirar cara ao oeste ne busca da braña Busumerón con a súa fonte.

            Desde esta braña en ruínas, seguimos na mesma dirección ata o Collado Puerco (1.693 m) e desde este xiramos rumbo sur ata o Collado Arenas (1.691 m) onde cambiamos de rumbo, agora cara ao noroeste comezando a baixar cara a Valdebezón (1.360 m), outra fermosa braña con dúas cabanas restauradas. Desde este lugar, seguimos a canle do río Monasterio para cruzala máis abaixo para chegar a Brañagallones (1.240 m).