17 12 16 Camiño da Ponte Colgante
MAPA PAR IMPRIMIR |
SITUACIÓN: Eilano (Asturias)
PUNTO DE PARTIDA: Área recreativa de Folgueirou (475 m)
ACCESO: Pola estrada AS – 12 que une Navia con Grandas de Salime. Eilano dista 44 km de Navia.
HORARIO: 4 h DESNIVEL: 450 m DISTANCIA: 15 km
DIFICULTADE: Baixa TIPO DE RUTA: Circular
MAPAS: I.G.N. – 25 – IV – 26 – III – 49 – II – 50 – I
COTA MÍNIMA: Ponte colgante (110 m) COTA MÁXIMA: Parte alta de Eilano (575 m)
SINOPSE: Trátase dunha ruta ideal para coñecer Eilano e os seus arredores, na que podemos observar numerosos exemplos de construcións tradicionais ou percorrer bosques milenarios debaixo das abas da Serra de Carondio e Valledor.
DESCRICIÓN DA RUTA: Esta camiñada comeza na área recreativa de Folgueirou (475 m) tendo que cruzar a estrada en dirección noroeste por sendeiro que sobe ao lugar de A Pena.
O camiño segue por riba de Cimadevila ata a parte ata de Eilano onde baixamos polo medio do lugar tendo que cruzar a estrada. Logo de atravesar Eilano, temos unha forte baixada ata o entronque cunha pista.
Desde este lugar, hai un tramo de ida e volta ata a ponte colgante ou ao lugar de Lanteiro. Para iso, collemos cara a dereita por camiño que nos vai achegando ao encoro de Doiras, aparecendo de seguida a ponte.
Podemos cruzar a ponte e seguir ata Lanteiro situado a uns dous quilómetros e medio da ponte.
De volta no cruce da baixada de Eilano, agora seguimos de fronte pola pista que nos levará de volta á área recreativa de Folgueirou.